Arteixo Castellano  Galego  

SIOUX

O NOSO ENTORNO

EL 36 ...

05/08/2008

A día de hoy van 36, y no es que pretenda recordar tiempos pasados, la cuestión es que parece que en pleno 2008 estamos en tiempos de guerra, pero de otra indole.

En mi modesta opinión, no va a haber un remedio efectivo para esta sangría mensual, -‘regla por regla, falo por falo’, ’de luna a luna, de sol a sol’. Sin un sustento de la justicia en el vecíno por el vecíno. Va a ser imposible aplicar una “Lex Magica” que solucione este derroche de facil cuchillo de cocína de uso diario.

Me explico, cuando en un domicilio particular se oyen gritos o una discusión, como puede mantener cualquiera, ante problemas conyugales o domésticos, (riñas con los hijos o incluso con cualquiera de la familia), todo es pasable, e incluso comprensible, porque así es, en parte, nuestra naturaleza, siempre un tanto irritable por los vestigios animales que perduran en todos nosotros, y gracias, que algo aun de todo eso nos quede, porque en ocasiones es bueno aflojar tensiones que pueden llevar a buenos entendimientos e inclusive a unas mejores relaciones. Siempre y cuando la fatidica discusión haga recapacitar errores o corrija desarreglos que mejoren la convivencia, reconociendo cada uno su parte de culpa en la disputa o desacuerdo, tras darse todos una tregüa pertinente, para recapacitar y comprender, o ponerse en el lugar del compañero/a de tantas cosas buenas o sacrificios de amor jurado, aun con, o sin, documento legal que lo demuestre.

Apelo a que el vecíno/a, que saluda tan amablemente por la mañana a la mujer que baja del piso de arriba o de abajo con un ojo morado (el resto oculto), coincidiendo los dos en las escaleras para ir a comprar el pan nuestro de cada día, recapacite y recuerde que la noche anterior oyo gritos y golpes, que hacian retumbar las paredes... “Hija de puta”, “perra de los cojones”... “vengo hasta los güevos de trabajar y me das esto de cena”... Si ese vecino/a la noche anterior hubiera anonimamente llamado a la policía, hubiera asustado a un verdadero cobarde que sentiria miedo de todos los que lo rodean porque cualquiera pudo ser el que llamó a la policía.
Si se permite que eso se repita cotidianamente en cada edificio o en cada vecindario sin que nadie llame anonimamente a la policía, después solo quedará la hipocresía de contar ante un block de notas o un micrófono ocultando la propia vergüenza:

-Nunca tuvieron problemas... es increible que hubiera pasado esto. Era una bellisima persona. (la hipócrita mentira de complice verdugo silente, va por dentro).

Cuando oigamos insultos o amenazas inaceptables a voz en grito, (fuera de los cauces razonables de una mera discusión), veamos personas con golpes reiterados que no semejan explicables, humillaciones que nadie aceptaria de su propia pareja, padres o hijos, ni por asomo, gritos pidiendo ayuda o lagrimas de dolor, ¡¡¡“Todos somos ellas y ellos”!!! , que el cobarde o la cobarde se sienta vigilado/a sin saber por quien. Porque todos lo... o la vigilamos.

Una llamada anónima a la Policía, para que haga una visita inesperada, sin que el agresor sepa quien fue el que la hizo... puede dar un respiro a la victima e incluso hacer recapacitar al agresor.

http://arteixo.cidadans.net/SIOUX/2008/08/05/el-36/
16 Comentarios - Enviar comentario

COUSAS DE HUGUITO E JUANCAR ...

26/07/2008





Baixará o precio d’os carburos n’as vindeiras datas?.
A cambio d’arandelíñas ou pedriñas de córes?.

¡Quén os viu, e quén os ve! ...

Esperemos que subsanen
o “quitame de ahí las pajas”,
e que un consiga o que quere
i o outro ó que necesita,
pa’ non acabar todos
de medio ou enteiro pobres.

Uns por falla de estructúra
i os outros por falla do jasóile.

Ta’ claro que aquí non se arregla o que non quere.
O carallo como sempre... é o que non pode.

Eihhh carballeiraaaa !!! ...

Marcho á festa do Apóstolo,
que chego reviradamente tarde.

Toxiñoooooo !!!... Arreando que son horas ouh!!!...Que o Bustamante seguro que xa anda a berrar por nos, por Arteixo adiante.

http://arteixo.cidadans.net/SIOUX/2008/07/26/cousas-de-huguito-e-juancar/
16 Comentarios - Enviar comentario

A PASALO BEN, OUH !!!

22/07/2008





Miembras todas e miembros todos:

-A pasalo ben e a xantar todo o que vos poñan no prato como é debido e sin rechistar. E o que poida que recunque si o bandullo lle responde, claro; Qué non estan os tempos como para andar con caprichitos ou despreciar nada.

-Hai que dar o millor posible todolos pasos pertinentes no baile, sin pisarlle as zocas ou as chanculetas de estreno á parella, máis que nada, pa’ non levar un cáte ou jolpe no pescozo, e con razón.

-Ó sair da Misa e como penitencia, hai que mercar un paquete de gusanitos e ciscarllos ós parruliños do paseo fluvial/maritimo/aereo/terrestre, porque eles tamén teñen dereito á festa.

-¡Ollo con jastar moitos cartos en chuches i en caramélos!, que dispois leva a ganancia o mecanico d’os piños antes de tempo e hai que andar pedindo créditos, e millor vai ser que non.

-O que teña que andar co carricoche, que non toque os jarrillos da ‘auga de lume’. Si se pasa coa auga de lume... ¡A pillar un táxisss!.

-E sobre todo... ¡¡¡A rir de xeito!!!... que para pasalo mal sempre hai tempo d’abondo.

¡¡¡¡Saudiños e a pasalo ben, ou ohhh !!!!!.

http://arteixo.cidadans.net/SIOUX/2008/07/22/a-pasalo-ben-ouh/
8 Comentarios - Enviar comentario

INFORME FORENSE (IV). (Conclusión e últimas vontades)

13/07/2008


A sorpresa era algo de esperar, pero, nin se nos pasou pola cabeza o asunto.

Nós, que xa casi estabamos acostumados a crer que os ovos saían d’unha fábrica onde os inxectaban no interior da casca. E casi tamén, que os coellos e mais os polos medraban esgazados i en calvicie capilar, ou plumífera total, e que xa eran así dende os albores dos tempos.

Recuperamos da memoria, un anaquiño da nosa propia natureza.

O certo foi, que a defunta era portadora de outros dous hóspedes no seu interior.

Ó concluír a incisión, apareceron somerxidos entre os fluídos estomacais, dous peixes pequenos, enteiriños e intactos, d’uns oito centímetros e medio cada un.
Aquelo foi como se viramos en persoa a os mismisimos Adán i Eva da xéneses bíblica en versión rianxeira.
Dimos en matinar que estes peixiños, por incautos ou temerarios, caeran na tentación e acabaran engulidos pola serpe, e a súa vez esta, fora cruelmente asasinada por un condenado con sombrilla dominguera, sen darlle tempo ó animaliño a concluír o seu último almorzo.

Xa recuperados do asombro, finamos a autopsia desfacéndonos da parte corruptíbel, con toda a honra e respecto que puidemos, e limpamos coidadosamente a cuberta dérmica de algo máis de medio metro que protexía a aquel invento da natureza, vítima da ignorancia, e de moitos medos ancestrais da humanidade.

Agora, despois de que xa transcorreron uns cuantos anos, quero pensar que estas experiencias son cousas que unha cativa, ou un eterno cativo como eu, non esquencen en toda a súa vida, e que nos acompañan por sempre n’un recunchiño d’as nosas lembranzas.
Dende aquela conservamos gardadas as probas físicas e a documentación forense, por escrito, e mailo acordo de todo aquelo agochado no corazón.

Supoño que ‘Quetzalcóatl’, ou a ‘serpe emplumada’... (nunca mellor dito), xa nos teñen perdoado tal profanación fai tempo.
O que non sabemos é o que lle acontecerá, en outro tempo e lugar ó condenado dominguero da sombrilla.
Esperemos que Caronte non lle faga a puñeta i o desembarque no sitio menos apropiado da outra marxe da ría, sen ter levado dous peixiños no padal e a moeda ou a documentación correspondente.

http://arteixo.cidadans.net/SIOUX/2008/07/13/informe-forense-iv-conclusion-e-ultimas-vontades/
13 Comentarios - Enviar comentario

INFORME FORENSE (III). (Autopsia d’os inocentes)

11/07/2008


Extendimos o cadáver na mesa camilla da sala, porque tampouco era cuestión de facelo con maior profesionalidade no relucente asadeiro de aluminio do forno, iso xa sería pasarse catro pueblos ou máis, e tampouco eramos merecedores de saír expulsados do campamento a sarteñazos si nos pillaban en pleno experimento forense... ‘curuuuullusss’... (Eu sin poder nin dar nin recibir os buenos días durante unha tempada, e a miña cómplice, sin debuxos animados ata quen sabe cando).

Entón, suxeitamos con uns alfilétes roubados do costureiro os extremos da pel do pescozo por onde fora decapitada a vítima. E d’aquela... Deixei asomar o relucente fío do cutter noviño... E procedín a executar a incisión, mentres que a revirada e atenta supervisora ía tomando nota detallada d’os feitos.

N’un primeiro momento o que estaba a facer deume un chisco de noxo, mais, non era cousa de me acovardar diante da ilustre directora forense que non facía nin o máis leve xesto de arrepío. Si ela lle botaba ó experimento o que lle había que botar... eu non podía ser menos.

Os intres máis delicados da operación, foron cando me fun achegando ó extremo final da disección, ahí, o pulso tiña que ser moi preciso, e así aconteceu, por sorte ou casualidade, claro.

Separamos a pel, e a deixamos máis ou menos limpa de residuos. Finado este meticuloso proceso, continuamos co interior do corpore insepulto i as vísceras...

¡¡¡Sorpresa!!!... ¡¡¡Con isto, si que non contabamos!!!...

Os ollos da pequena forense quedaron abertos coma rodas de muíño e acendéronse coma lanternas. Eu quedei apampanado de todo por un tempo, diante do que estabamos a contemplar ...

http://arteixo.cidadans.net/SIOUX/2008/07/11/informe-forense-iii-autopsia-dos-inocentes/
3 Comentarios - Enviar comentario

INFORME FORENSE (II). (Trama d’unha falcatrúa)

09/07/2008

Así que alguén se percatou do estraño acontecemento, e deu a voz de alarma, non tardaron en xurdir os comentarios.
Un preguntaba con asombro... ¿E marcharía o bicho aínda sin cabeza por entre as pedras?. Outra testemuña presencial d’os intres agónicos da vítima exclamaba... ¡Xa vos dixen que non semellaba morta de toooodo!... ¡Q’estes bichos son cousa do demo!.

-¿E si o becho aínda está vivo?... Dixo outro.

E de súpeto todos deron en mirar cara o chan e no seu propio redor, por si acaso había que fuxir en estampida, e dar fe, ante unha resurrección non moi desexada entre os incrédulos comentaristas alí presentes.
Nós fixemos o mismo tamén. Era cuestión de botarlle todo o teatro e disimulo que poderamos ou máis.

Cando as cousas foron acougando, a pesares de que ninguén atopara unha resposta ó acontecido, levamos a bolsa valeira ó contedor do lixo de máis preto, poñendo moita cara... cara dura de velorio.

A verdade fora que... ás furtadeliñas, a miña pequena cómplice abrira a tapa da neveira portátil, e n’ese intre aproveitamos a meter á pobre da defunta no fondo do improvisado cadaleito, deixando as bebidas e os comestibles na parte superior, para que ninguén andivera revolvendo onde non debía. Xa sei que a solución non foi moi aséptica, mais, non se nos ocorreu nada mellor como sistema de conservación para o seu traslado.

O día foi discorrendo entre paseos, súes, baños e máis baños para sobre levar no posible as charamuscas, que nos deixaba no lombo o moi apreciado e todopoderoso ‘Ra’.
E no seu marabilloso solpor laranxa, recollemos os telderétes e marchamos.

Chegados ó noso campamento base ou reduto cementario semanal, a pequena silveira brava ofreceuse a primeira para valeirar o cadaleito, perdón,... a neveira portátil, e n’un descoido foi quen, de amortallar de novo aquel corpo inerte e introducilo con tódolos respetos no último caixón do conxelador do combi, na espera da ocasión de levar a cabo a programada análise forense post-mortem.

Pasou unha tensa e longa semana, e me da que alguén do clan xa estaba máis que ao corrente do asunto, porque é quen acostuma a organizar a perfecta colocación d’os cachos de outros defuntos comestibles, e tamén, do repouso d’os diversos vexetais no conxelador. Mais, si o sabía, nunca dixo nin unha verba.
Ese sábado pola mañanciña retiramos á entumecida finada da nosa particular ‘la morgue’, para que tivera tempo de se desconxelar.

E na tarde...

Mentres os da tribo marcharon a visitar a outros parentes. Despois de ter mercado unha caixa de guantes de látex, as mascaréllas pertinentes e un cutter do trinke,(porque un bisturí non sabíamos onde mercalo, que senón, tamén o habíamos ter, arrediós que sí), procedemos, equipados de xeito ...

http://arteixo.cidadans.net/SIOUX/2008/07/09/informe-forense-ii-trama-dunha-falcatrua/
5 Comentarios - Enviar comentario

INFORME FORENSE. (Escenario e asasinato).

04/07/2008

Xa pasaron varios anos, des que unha mañá do mes de Xulio os da tribo acordamos en ir honrar ó Dios ‘Ra’, Lourenzo para os amigos, i en ir comer baixo os seus flamíxeros raios ó carón de ‘Iemanyá’, que é o nome que algúns lle outorgan á nai de tódolos peixes ou a raíña d’os mares máis aló do Fisterra, no outro hemisferio do planeta, casi chegando as terras de ‘Quetzalcóatl’. En fín, que acordamos en ir a ós pes de Monte Ueiros.
E así que tivemos preparados os taparrabos e tamén os bartulos para poder montar o campamento, según a tradición e o ritual de costume, marchamos.

Non ben arribamos, vimos a catro persoas alporizadas. Unha d’elas levaba na man a extensión d’un ferro de sombrilla playera escachado polo medio, e ó achegarnos a elas dei en preguntar polo que acontecera.

A seguinte confesión a obtiven do (presunto) agresor, vivito, coleando i en directo...

- “Pois meu home... foi que mentres eu tiña os pes metidos na auga, a miña dona, que xa se metera ate o embigo, deu en berrar... ¡Acudide!... ¡Acudide!... ¡Unha cóbrega!, ¡Unha cóbrega!, mirei, e alí, n’aquel recuncho entre os xuncos, asomaba a cabeza do bicho amosando a lingua de cando en vez. Fun correndo a pillar o ferro da sombrilla e mentres a serpe tentaba marchar polas pedras arriba para agocharse en algún furado... ¡Chasss!... machaqueille a cabeza a reo un lote de veces. Aínda se ten que estar revirando a cabrona...¡Era grande de carallo!. Ten que medir un metro e pico... ¡Ou máis!”.

E aló fomos. Un par de atrevidos a observar aquel cadáver na escena do crime. Tal cual. A cabeza desaparecera do mapa. Isto fixo bastante complicada a identificación ‘in sítu’ porque d’aquel xeito, para nós, era imposíbel confirmar si era unha cóbrega ou unha víbora.
Collín unha bolsa e coa axuda da miña única acompañante introducimos aquel corpo no interior da circunstancial mortalla, mentres os máis vellos da tribo que andaban uns metros por detrás, deron en repenicar:

- ¿Non pensaredes levar iso para a casa, nooooon?...

Respondin á aquela pregunta con un... ¡Nooooouuuun!... ¿Cómo ides pensar iso de nós ouh?... Entón, mirei á cara a pequena ‘silveira brava’ que era a que estaba ó meu carón e chisqueille un ollo.
Ninguén se percatou do sinal que eu fixera e algúns pasaron de botar primeiro fume polas orellas, para despois de escoitar a miña resposta exhalar suspiros de alivio, mais, foron uns suspiros d’eses que sempre se traducen como...

¡Se non vos coñeceramooooooos!...

Durante un bo cacho da mañán, o resto da tribo xa non nos quitou ó ollo de enriba a ningún d’os dous cómplices, nin tampouco á bolsa que contiña o cadáver.
N’un intre en que a vixiáncia decaeu nas preliminares ó xantar, a humilde mortalla plástica quedou valeira e o seu contido desapareceu misteriosamente ...

http://arteixo.cidadans.net/SIOUX/2008/07/04/informe-forense-escenario-e-asasinato/
0 Comentarios - Enviar comentario

BOH!!!. E O QUE HAY!!!...

07/06/2008

Sentado n'unha pedra,
aló por un Monte Alto,
Nordés cheo de cantéiras,
que hoxe son Prazas e Xardíns.

Ascendín un Celtas sen filtro
o primeiro que tusín.


Con medo.

Mais con volvorétas no ombígo,
é os ollos revirados
en todo ó rededor,
dei en pensar qué xa era home,
¡Qué carámba! si señor.


Entre TBO é Capitán Trueno,
entre Hazañas Bélicas
é Roberto Alcázar e Pedrín,
(apaisados i en mal papel, eso sí).

Cheguei ate hoxe...
Sin saber nada.
Nada...
... máis que tí.

E o que un día escomenzóu por matarme
¡Dís que revive ás moscas n'un filispín!.


Xa non hai Celtas como aqueles.
¡Dous por medio patacón!.
-Ou será agora o conto...
que andan todos na procura
de medio pataquin?.

http://arteixo.cidadans.net/SIOUX/2008/06/07/boh-e-o-que-hay/
11 Comentarios - Enviar comentario

COUSAS DA ESTETICA

24/05/2008

Tiven un amigo que en canto sacóu o carnet de conducir, os seus páis compraronlle un coche. Dixeronlle que o coidara, que como o escarallara, había de tardar en ter outro.
O coche era de segunda man e como traía algunhas raspaduras, o meu amigo, axiña tiña uns cartiños, logo ós adicaba a reparacións.
Escomenzóu por amañar os rascazos vellos, dispóis puxolle uns retrovisores novos e ornamentos de todo tipo. En canto atopóu traballo, o sueldo marchaballe en aleróns, guardabarros de rally... radio-casettes de aqueles modernos de cartucho... O pái, cada vez que miraba para o coche sempre réia, decindo:

-¡A iste coche xa non hai Dios que o recoñeza!, ¡Xa non parece o noso!, ¡Semella d’unha escudería de isas que andan ás carreiras na televisión!.

Un día o rapaz propuxonos a ós da pandílla ir a aldea ónde él nacera porque había festa. Permitiunos subir no seu “monumento”, e aló fomos... En canto chegamos, todalas miradas encandiladas d’os vecinos ían dirixídas ao despampanante coche do noso amigo, e nós, lle valíamos de ‘testemúñas capitalínas’ do seu triúnfo entre vellos, mozos e cativos ao través das corredoiras do seu pobo. Aparcóu o super-carro entre a Igrexia e o palco, quedando alí en exposición para loubanzas dos parroquianos e ate do párroco, ‘mismamente’ abraiado.

Festa rachada ate á noite.

Nos momentos máis álxidos da verbena o noso amigo dixo estar canso, e dixo tamén, que marchabamos.Era un modo de lucirse outra vez.
Subimos ao super-ferrari, non de moi boa gana claro, porque aínda quedaba festa.
E arrincóu.
O motor bruando a reo, afogando a ós mismísimos gorgoritos de Pucho Boédo.
Mais, o motor deu en ir apoucando, semellando a un cocho que fuza na terra. De brrroooum... brrroooum, pasou a... un ridiculo groin, groin, pofff,pofff... e finiquitóu en lastimero e penoso... chofff. Fumaradas negras.
De éntre os paisanos que se agruparon a contemplar o espectáculo asomóu un vellíño enrrugado, de bóina gastadíña e pucho de picadura nos beizos, portando na man unha vara de abeneiro con agúlla na punta, semellando un báculo de autoridade.

E mirando a piloto e tripulación, largóu unha breve sentencia:

-“Coidache moi ben de enlucir o carro, mais, non te preocupache de manter a os bóis... E sin éles, o carro non vale para nada, soio é fachenda, sen alma.”

Sin gasolina, sin auga, sin acéite... motor queimado. Tivemos unha longa noite para pensar mirando para aquel “ inmaculado monumento” agardando ao Finistérre.
Íste chegou ás seis e media da mañán para recoller a os obreiros da construcción, (que d’aquela ningún d’eles tiña coche particular), e de paso levou tamén a pilóto e tripulación meditando na palabra “vanidade”, i en máis cousas que aprender.

Gracias amiga ‘Del Jowler’ por gardarme iste texto, que éu, xa tiña esquencido.


http://arteixo.cidadans.net/SIOUX/2008/05/24/cousas-da-estetica/
5 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados