Arteixo Castellano  Galego  

Cóntame un conto

etnografía de patacón

Santos Inocentes, Bosnia e a humildade.

27/12/2007

Pois mañá é o día dos Santos Inocentes, e para moitos, o primeiro que ven á cabeza é que hai que andar con tino, se temos amistades refeixeiras. O verdadeiro significado desta data ten relación coa indiscriminado infanticidio que aló polo ano cero ordenou Herodes. E ollo, que ninguén me malinterprete, se sinalo este dato. Non quixera eu desterrar as "inocentadas" e falcatruadas propias deste día...

O caso é que lembraba eu este feito namentres ollaba a foto de arriba. Esta instantánea mandouma o meu amigo Vicente dende Mostar, en Bosnia. Foi un día de xuño no que 600 soldados españois regresaban á casa coa sensación do traballo ben feito. Doce anos levaba alí, e na súa última foto quería retratar aos Inocentes: un grupiño de nenos que veñen da escola. Case sen querer, deixou tamén constancia da sensación de retirada.

...Esta cidade sempre foi un polvorín, pero non estoupou ata o conflicto bélico dos anos noventa. Ao longo de moitos séculos conviviron distintas comunidades étnicas, culturais e relixiosas. Un dos símbolos da cidade, e tamén desta unión é a "Vella Ponte" (Stary Most). Durante a guerra foi destruido, e con implicación e traballo por parte de tódolos colectivos afectados reconstruíuse, sendo considerado hoxendía todo un exemplo do que pode ser a cooperación internacional...Dicía Vicente que dende a Vella Ponte os rapazolos arroutados fan o salto do anxo para zambullirse nas augas do purificador río Neretva. No medio destas informacións e lerias Herzegovinianas, á altura dunhas navidades (debe de haber catro ou cinco anos...), Vicente mandoume este retrinco co que eu aproveito para desexarlle un bo nadal a todos vos, que orellades:


[...] A ti que tanto che gustan estas cousas de santos, prestarache ben o que antonte souben. Unha parroquia de impronunciable nome, aquí preto de Mostar, ten o patrocinio da Nosa Señora da Asunción. Pois ben, No altar maior conservan unha reliquia ben curiosa. Trátase dun paxariño que Xesús Cristo modelou de neno. É un xílgaro de barro vermello de Nazaret, cun pico puntiagudo, e cunhas ás que mesmo parece que queren bater. Pero o simpático do asunto é que o paxariño pode cantar: só é preciso que teña preto un oído inocente e humilde. Na noitiña de Nadal, os nenos da parroquia van á igrexa a escoitar ó xílgaro...con toda a humildade a flor de pel [...]

http://arteixo.cidadans.net/contamunconto/2007/12/27/santos-inocentes-bosnia-e-a-humildade/
3 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. E preciosa a foto, o relato, todo...espero que este ano o paxaro cante tamén, para celebrar que a guerra non esmagou a candidez. Feliz Aninovo, Rilo.

    Publicado L_DEL_J | 29/12/2007 08:39:27
  • 2. Precioso costume que teñen para estas datas tan importantes para os nenos.
    Alédome da túa volta á interrede e deséxoche un feliz 2008.

    Publicado paideleo | 29/12/2007 12:44:19
  • 3. Bon Nadal: Os teus relatos son do mellor deste blog.Parabens Rilo

    Publicado María | 30/12/2007 10:07:19

Facer comentario


 

(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados