De acordeóns e orellas
14/04/2008
Un meu pariente renegou da gaita, e botouse de cabeza ó acordeón. O rapaz colleu amores cunha moza de Oseiro que tiña un acordeón vello no faiado. O instrumento en cuestión pertencera a un tío-avó dela, coñecido noutros tempos polos arredores co alcume de "Nachina". Tamén lle chamaban Pontevedra, pois viñera daló. Non era o que se dí un virtuoso, pero tocaba muiñeiras, Jotas e incluso a Raspita. Un fenómeno disque non o era, pero polo menos, facía baile el só.
O caso é que o vello acordeón caeu nas mans deste familiar meu, e gatilla que gatilla, conseguiu amañar unhas repichocas e poñelas a tono para que sexan dignamente escoitadas.
Díxenlle eu: -E logo, non era ben darlle un pouco máis de brío para que a xente baile?
-Non, meu tío -respondeu el-. A idea é que a xente escoite. Para bailar xa están as verbenas.
Eu aínda non pillei ben a idea. O éxito do gaiteiro, noutra hora, era poñela xente a bailar, ou como pouco, a facelos partícipes da festa. E este condanado pretende que a xente utilice as orellas, e non os pes… e aínda por riba tocando o acordeón, que é o instrumento máis bailongo do mundo.
Dicíase neutros tempos, aló por Muxía, que un gaiteiro “tocaba para o vicio” cando non buscaba o rítmico e o bailable; cando buscaba na gaita as notas longas, e a cadencia lenta dos alalás. É o que poéticamente se define como “facer chorar a gaita”. Non sei, pero eu supoño que será máis fácil facer chorar un acordeón que unha gaita.Dígoo polo tema do fuelle, que no acordeón é elástico, e na gaita é ríxido.
A verdade é que a este meu sobriño lle leva idea o da música, pero separala do baile échevos tarea complicada. Veremos en que queda a cousa. Disque vai tocar próximamente nun destes bares modernos que temos no centro de Arteixo.
Cando saiba máis, xa vos contarei.
Comentarios:
-
1. ti si que escribes ben chaval, non como outros. E nin siquiera sabemos quen eres. Sigue contando, fabuloso.
Publicado un que se suma | 14/04/2008 16:19:24
-
2. Cómo non parar a orella áo escoitar un ‘cordión’ ou un alalá, e sentir como se erízan os pélos ante tanto vicio do corazón, e chorar si hai que chorar, ou andar de punta-tacón anque sexa sentado. Espero que abran os enlaces que publíco. Ti si que escríbes ben Rilo. Marcho a pillar un ‘táji’. Un saudo.
Johnny Lee Leslie.¡Qué pasada total!...
http://es.youtube.com/watch?v=PzW8CwidCqE
http://es.youtube.com/watch?v=Ii2TDhbvMWc
Uxía e Cristína Fernández... Non a presi d’Arxentína, eh!!!.
http://es.youtube.com/watch?v=jT08nXnkkok
Publicado sioux | 14/04/2008 16:38:56
-
3. O chaval non só escribe ben,senón que tamen toca ben a gaita...,outros nin escriben e son soplagaitas de "la palabra"
Publicado Arteixán | 14/04/2008 18:19:14
-
4. Rilo, é un pracer ler o que escribes. Eu son neta dun músico, o meu avó tocaba a trompeta. Cando el estaba triste, a súa trompeta choraba...
Publicado Amadora | 14/04/2008 23:26:34
-
5. Rilo, el que nace artista...no solo eres un gran músico edemás escribe muy bien, seguro que has de pintar.
Luisa cuando te concibió lo hizo a conciencia, mira que le saliste ben feitiño!!
Publicado una admiradora | 15/04/2008 12:50:01
-
6. LUISA? A NAI DE RILO NON SE CHAMA ASI.
Publicado LUISA | 15/04/2008 13:13:09
-
7. fue un lapsus, es María Jesús o no?
Publicado una admiradora | 20/04/2008 21:50:43
-
8. Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com
Publicado Manuel Busto | 24/04/2008 19:31:47