Unha viaxe pola cuarta dimensión
xoves, 06 de marzo de 2008 11:59
Cando eu era cativo, na nosa casa vivían dúas familias: no baixo meus tíos Chucho e Maruja cos seus fillos Gonzalo, Marcial e Isabel. No piso viviamos nos.
Gonzalo era do meu tempo e xuntos medramos, xogamos, pelexamos e fixemos trastadas. Eramos primos, amigos e compañeiros.
No ano 1954 meus tíos emigraron á Arxentina. Pasaron anos e anos e perdemos o contacto. Pero pasados uns 40 anos Gonzalo regresou á Baiuca.
Eu tratei de meterme na súa pel e así naceu este relato que vos vou contar.
UNHA VIAXE POLA CUARTA DIMENSIÓN
"A emigración arrincoume da
miña terra como quen arrinca
unha queiroa, pero coma a queiroa
parte das miñas raices quedáronme
na terra e agora agromaron".
Á tódolos homes e mulleres
que emigraarron lonxe e non
tiveron o privilexio do
reencontro coa súa xente na
súa terra.
Foi Einstein quen acuñou o termo "cuarta dimensión"
para referirse ó espacio-tempo na súa Teoría da Relatividade.
Este relato é unha viaxe polo espacio concreto da Baiuca e os seus arredores, onde medrei, xoguei e coñecín a unha xente, nun tempo tamén concreto: os primeiros anos da miña vida.
+ ver máis >>
Comentarios
-
Cuando han pasado cuarenta años... para ti las cosas fueron cambiando pero contigo a tu ritmo, y lo ves todo normal. Pero, el que regresa, regresa a una "dimensión" desconocida, ya no queda nada de lo que dejó, y se da cuenta de que es un extraño, que las raíces que pensaba iban a "agromar" estan secas.
Entonces nota que su sed cambió, que ya no le atrae esta fuente de su niñez, y que lo que quiere es volver, porque echó nuevas raíces en otras tierras y el agua de allí es la que calma su sed.
unha aperta
esquio - 07/03, 11:53
-
Esquio, ese sentimento...non é da tua exclusividade, e unha enfermidade que medra no tempo e padecemos moitos. L_del_J pillóume ben cando me largou,(quén sabe dónde xa). "Nostalxia".
sioux - 26/03, 19:56
-
Esquio, teño un disco de aqueles negros que xa non se levan. Agora son todos de 'pépe tres' ou de 'pépe catro'. De Julio Sosa. ¿Volver?... ¿A dónde?... a donde..."Caminíto" y un bico.
sioux - 26/03, 20:08