Arteixo Castellano  Galego  

A miña Baiuca

Lembranzas do Arteixo da miña infancia

"UNHA VIAXE..." (IV)

26/03/2008


Percorro sen presa este camiño e no meu cerebro non da abasto a procesar tódalas imaxes que levei gravas na retina. "O Pote", con escaparates cheos de cousas bonitas, desexadas e inalcanzables. Canto me gustaba aquela escopeta de perdigóns, ou aquela cana de carrete. Alí estaba eu parado, soñando esperto co día en que ámbalas dúas cousas serían miñas para sempre. Pero "O Pote" xa non está onde eu o deixei, nin o ultramarinos "O Cisne", nin a librería "Porto", nin "O Diluvio"...e tantos e tantos comercios que eran, para min, paradas obrigadas desta rúa comercial. Con todo non podo esquece-las cirolas, os orellóns, as plumas estilográficas, as navalliñas con cachas de madeira queimada e as demáis chilindradas que me atraían coma un imán. Sería quen de pecha-los ollos e co dedo sinalar: naquel curruncho había unha morea de toros de baacallao, naquel outro un frasco de cristal cheo de melocotóns en xarope e no tapón de lata, unhqa cinta dourada, no primeiro andel tres botellas de Fundador, unhas cuantas latas de bonito formando unha torre... ¡Canto estimaría ter neste momento unha foto daqueles tempos! Seguro que o meu acerto sería pleno. Pero non me fai falta, verdadeiramente teño a foto na miña mente.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/03/26/unha-viaxe-iv/
1 Comentario - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Julio, non se ralentice tanto, porque a os que nos gusta leer, (non sei moi ben si por gracia ou por desgracia), todo nos sabe a pouco.
    Esquio, estas ben?...

    Publicado sioux | 26/03/2008 19:44:49

Facer comentario


 

(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados