Castellano Galego Lembranzas do Arteixo da miña infancia
Cando eu era cativo, na nosa casa vivían dúas familias: no baixo meus tíos Chucho e Maruja cos seus fillos Gonzalo, Marcial e Isabel. No piso viviamos nos.
Gonzalo era do meu tempo e xuntos medramos, xogamos, pelexamos e fixemos trastadas. Eramos primos, amigos e compañeiros.
No ano 1954 meus tíos emigraron á Arxentina. Pasaron anos e anos e perdemos o contacto. Pero pasados uns 40 anos Gonzalo regresou á Baiuca.
Eu tratei de meterme na súa pel e así naceu este relato que vos vou contar.
UNHA VIAXE POLA CUARTA DIMENSIÓN
"A emigración arrincoume da
miña terra como quen arrinca
unha queiroa, pero coma a queiroa
parte das miñas raices quedáronme
na terra e agora agromaron".
Á tódolos homes e mulleres
que emigraarron lonxe e non
tiveron o privilexio do
reencontro coa súa xente na
súa terra.
Foi Einstein quen acuñou o termo "cuarta dimensión"
para referirse ó espacio-tempo na súa Teoría da Relatividade.
Este relato é unha viaxe polo espacio concreto da Baiuca e os seus arredores, onde medrei, xoguei e coñecín a unha xente, nun tempo tamén concreto: os primeiros anos da miña vida.
1. Cuando han pasado cuarenta años... para ti las cosas fueron cambiando pero contigo a tu ritmo, y lo ves todo normal. Pero, el que regresa, regresa a una "dimensión" desconocida, ya no queda nada de lo que dejó, y se da cuenta de que es un extraño, que las raíces que pensaba iban a "agromar" estan secas.
Entonces nota que su sed cambió, que ya no le atrae esta fuente de su niñez, y que lo que quiere es volver, porque echó nuevas raíces en otras tierras y el agua de allí es la que calma su sed.
unha aperta
2. Esquio, ese sentimento...non é da tua exclusividade, e unha enfermidade que medra no tempo e padecemos moitos. L_del_J pillóume ben cando me largou,(quén sabe dónde xa). "Nostalxia".
3. Esquio, teño un disco de aqueles negros que xa non se levan. Agora son todos de 'pépe tres' ou de 'pépe catro'. De Julio Sosa. ¿Volver?... ¿A dónde?... a donde..."Caminíto" y un bico.