Cidadáns de Arteixo Arteixo.Cidadáns.NetConcello de ArteixoEuropaPress.NET

Cidadáns de Arteixo

Galego | Castellano

A miña Baiuca

Lembranzas do Arteixo da miña infancia

"UNHA VIAXE... (V)

venres, 28 de marzo de 2008 10:53

As horas pasan axiña e séntome a xantar nunha casa de comidas de Santa Catalina. Busco unha mesa cerca da ventá para ve-la praza. Por máis que miro non vexo o charlatan de costume ofrecendo productos máxicos nin a súa compañeira cos ollos tapados por un pano negro, tratando de adiviña-lo futuro dun paisano, dunha moza de servir, dunha leiteira...
Recordo que o meu irmán e máis eu sempre faciamos unha parada para escoita-las marabillas do enfiagullas, lo líquido para plate-las cociñas bilbaínas, e outros prodixios. Agora que o penso, aquela parella de charlatáns tiñan inxenio e recursos para arrincar dos petos alleos as escasas pesetas que precisaban para vivir cada día. Sigo cas miñas lembranzas e aparece un cesto con tapa do que sacaban unha tartaruga que segundo eles era capaz de escolle-la carta que ti pensabas. Era unha artimaña para que a xente non marchase, porque de tódalas veces que estiven presente nunca a tartaruga fixo outra cousa que saca-la cabeza da cuncha e mirar con ollos estúpidos ós que alí estbamos. ¿Seriamos nos os estúpidos?

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/46369
1 Comentarios  -  Envía o teu comentario

"UNHA VIAXE..." (IV)

mércores, 26 de marzo de 2008 10:34

Percorro sen presa este camiño e no meu cerebro non da abasto a procesar tódalas imaxes que levei gravas na retina. "O Pote", con escaparates cheos de cousas bonitas, desexadas e inalcanzables. Canto me gustaba aquela escopeta de perdigóns, ou aquela cana de carrete. Alí estaba eu parado, soñando esperto co día en que ámbalas dúas cousas serían miñas para sempre. Pero "O Pote" xa non está onde eu o deixei, nin o ultramarinos "O Cisne", nin a librería "Porto", nin "O Diluvio"...e tantos e tantos comercios que eran, para min, paradas obrigadas desta rúa comercial. Con todo non podo esquece-las cirolas, os orellóns, as plumas estilográficas, as navalliñas con cachas de madeira queimada e as demáis chilindradas que me atraían coma un imán. Sería quen de pecha-los ollos e co dedo sinalar: naquel curruncho había unha morea de toros de baacallao, naquel outro un frasco de cristal cheo de melocotóns en xarope e no tapón de lata, unhqa cinta dourada, no primeiro andel tres botellas de Fundador, unhas cuantas latas de bonito formando unha torre... ¡Canto estimaría ter neste momento unha foto daqueles tempos! Seguro que o meu acerto sería pleno. Pero non me fai falta, verdadeiramente teño a foto na miña mente.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/46240
1 Comentarios  -  Envía o teu comentario

""UNHA VIAXE...(III)

martes, 25 de marzo de 2008 13:22

Setembro, 6

Xa estou na Coruña, concretamente en San Andrés. É a rúa que mellor coñezo porque sempre que ía á casa da miña avoa, facía o camiño dende a Praza de Pontevedra ó Campo da Leña. Resulta curioso, os dous puntos de referencia que conservo na memoria aínda non desapareceron: a mesma casa, diante da que paraba "A Superiora" e a casa onde vivía a miña avoa, co mesmo balcón de ferro pintado de branco. Pareceravos unha parvada pero virei contento cando vin estes dous símbolos da miña infancia. Sen súbida, estaba de volta na casa.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/46205
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario

"UNHA VIAXE... (II)

venres, 07 de marzo de 2008 20:25

Setembro, 5

O bus déixame no centro de Compostela. Decido quedar ata o día seguinte para coñece-la cidade, serena-la alma e facer algunhas chamadas telefónicas.
Camiño sen rumbo polas vellas rúas enlousadas. Os meus ollos non se cansan de ver pedras e xente, xente nova que vai e ven cos libros na man, falando e falando. Vai calor e busco unha terraza para tomar unha cervexa que me reconforte. Non me farto de escoitar ós que falan ó meu arredor. Algúns fanno en galego e sóame familiar a lingua que tanto tempo levo sen escoitar. Estou sereno pero paréceme mentira estar aquí.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/45193
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario
+ ver máis >>
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados