Arteixo Castellano  Galego  

A miña Baiuca

Lembranzas do Arteixo da miña infancia

"UNHA VIAXE... (VII)

04/04/2008


Son as catro cando un coche para diante de min. Estou na beirarrúa cunha bolsa na man e a maleta no chan. Baixa meu primo e sen palabras fundímonos nun abrazo eterno. Ámbolosdous escoitamos o latexar dos nosos corazóns. Algunhas bágoas escapan sen permiso mentres rimos coma nenos. As palabras esperan o seu momento, neste intre non son precisas, falan os ollos, falan as mans, fala o sorriso.
Subimos ó coche e comenzamos unha conversa atrapallada, chea de preguntas, como se tiveramo-lo tempo tasado. É lóxico, corenta longos anos de silencio dan para facer milleiros de preguntas e resulta imposible enchelos coas respostas duns poucos minutos. Tempo teremos para falar, para preguntar, para responder, para lembrar xuntos o que vivimos xuntos. E nunca mellor dito, porque nacemos e medramos na mesma casa, eu no baixo i el no piso.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/04/04/unha-viaxe-vii/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aínda non hai Comentarios para este post...

Facer comentario


 

(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados