INFORMATIVO RADIOARTEIXO 07 DE NOVEMBRO
martes, 07 de novembro de 2006 11:41
Arteixo, 07 de novembro de 2006.
D.S. / R.T
Os políticos de Arteixo valoran a enquisa na que os viciños os suspenden a todos e na que, segundo os datos que dabamos a coñecer onte, na actual lexislatura o papel de goberno e oposición é malo. Pilar Souto, que obtén unha nota de 3’75, a segunda máis valorada, cre que os datos deben de servir para “tomar nota” e actuar no que queda de lexislatura para se gaña-la confianza dos votantes. Souto conclúe en que a enquisa amosa claramente que “a política en Arteixo debe de se levar a cabo de outra forma”
CORTE.- 67
No BNG unha conclusión: “o pp perderá a súa maioría absoluta”. O di Silvia Seijas que, respecto das valoracións ós líderes dos partidos, Fina Vázquez saca un 3’38 por detrás do alcalde, Pilar Souto e Xosé Márquez, avoga por facer chegar mellor ós viciños o seu labor como oposición
CORTE.- 69-70
Xosé Márquez é o terceiro máis valorado, 3’66 é a súa nota. Para o líder de Terra Galega os datos da enquisa poden resultar enganosos e cre que, nalgunhas valoracións, os datos non se corresponden ca realidade. Refírese Márquez á nota que dan os viciños a Juan Rey, un 2’68 que o sitúan como o menos valorado.
CORTE.- 72
O alcalde Manuel Pose, que saca un 4’6 como o máis valorado, prefire non reflexionar sobre estes datos e se remite á próxima cita electoral para facer unha lectura. A mostra, realizada por teléfono a 273 viciños entre o 27 e o 28 de outubro pasados, determina que os viciños consideran que o papel do goberno na actual legislatura é malo, nun 56’4% aínda que tamén suspenden á oposición que aseguran que o fai mal nun 50’9% dos casos. A maioría dos entrevistados non saben se a ruptura do goberno é positiva ou negativa, un 49%. Os datos son moi similares en canto as previsión electorais. O 43’9% cre que Pose renovará o seu mandato mentres que o 36’9% consideran que non. Preto do 9% cre que o PP renovará a confianza dos viciños pero que non o fará por maioría absoluta.
Os veciños de Arteixo só poderán votar gasolina na estación de servicio de Meicende, situada na estrada C-552, xa que é a única do concello que permanecerá aberta durante a folga.
O paro, que comezou onte a medianoite, afecta ós traballadores das estacións de servicio da cidade de A Coruña e da comarca, onde só un total de dezaséis gasolineras manterán os servicios mínimos nas próximas 48 horas.
Os traballadores, asegura un responsable da FIA-UGT, esixen a redacción dun novo convenio laboral que poña freno ós abusos da patronal tras máis de dez anos de salarios conxelados e denuncian que están a soportar condición laborais, contractuais e salariais inxustas en centros que carecen de medidas de seguridade, realizando máis horas e turnos dos previstos no convenio.
A folga foi convocada polos sindicatos para os días 7 e 8 de novembro, aseguran, tra-lo fracaso das negociación en Madrid.
O Concello adxudica o proxecto de realización da obra de pavimentación dos camiños interiores da parroquia de Suevos, para o que destinou un investimento de preto de 90.000 euros.
O Concello anuncia ademáis que en Suevos se instalarán bancos no lavadoiro, así como nunha área de descanso do centro da Parroquia.
O Concello inisiste na necesidade de mellora-la Avenida de Pastoriza. O consistorio reclámalle á Deputación da Coruña a señalización dos pasos de peóns. O goberno local argumenta que as denuncias dos viciños manifestan que a señalización horizontal da vía é practicamente invisible e supón un perigo ás persoas á hora de cruzar.
Os veciños de Pastoriza fan especial fincapé no paso de peóns situado á altura do colexio EEI Barrionovo, do que din que ten a pintura tan desgastada, que ninguén se da conta de que existe. Isabel Vila apuntou nesta emisora a posibilidade de que o Concello reclame a titularidade desta vía.
CORTE.- 37
O Concello asegura que mentres que a Deputación non arranxe o firme da Avenida non pode proceder ao pintado dos pasos de peóns cos que conta esa vía. O Consistorio considera que a Avenida de Pastoriza é de vital importancia para os veciños da zona, posto que por ela circulan moitos vehículos diariamente, ademais de ser o único acceso ao centro educativo infantil Barrionovo.
Teatro e música son o protagonistas esta fin de semana en Arteixo.
Unha combinación de voces e ritmos. Eso é o que nos ofrecerá Nordestinas, un grupo galego de musica formado por Ugía Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade.
Poderemos disfrutar do repertorio mariñeiro do Norte a cargo de dúas voces e un piano.
O concerto de Nordestinas terá como escenario o auditorio do centro cívico este venres, 10 de novembro, ás 8 e media da tarde.
Os menores de 14 anos deberán de ir acompañados por un adulto e xa se poden mercar as entradas a un prezo de 1,20 euros.
O teatro correrá a cargo do grupo da Once, Valcar II, que presenta “Faragullas”, un espectáculo composto por pequenas pezas tetarais independentes entre sí, todas cómicas, e varios monólogos ó xeito do club da comedia.
A función, gratuita e para tódolos públicos excepto o infantil, terá lugar no centro cívico de Pastoriza este sábado, 11 de novembro, ás 7 da tarde.
A asociación de loita contra o cancro de Arteixo celebra a súa cea anual con motivo de recaudar fondos na loita contra esta doenza.
O restaurante “Mesón Pastoriza” acolle a cea-tómbola este sábado, 11 de novembro, ás 9 e media da noite.
O prezo é de 35 euros por persoa e os puntos de venta son a farmacia “AnaTorres”, o bazar “Rosario” e Ultramarinos-carnicería “Fraga”.
Se queren máis información poden chamar ó 609.943.386.
INFORMATIVO RADIOARTEIXO 06 DE NOVEMBRO
luns, 06 de novembro de 2006 10:16
Arteixo, 06 de Novembro de 2006.
D.S. / R.T.
Arteixo suspende a tódolos seus políticos. Os datos son dunha enquisa elaborada por Local News Galicia para o xornal El entorno Metropolitano, publicación mensual de distribución gratuita. Segundo os datos publicados no número correspondente ó mes de outubro, os viciños de Arteixo non aproban a ningún dos políticos locais. As valoracións, entre 1 e 10, sitúan ó actual alcalde como o máis valorado con un escaso 4’6, preto do suficiente. Tra-lo primeiro edil se sitúa a voceira do PSOE Pilar Souto que obtén unha nota de 3’75. Tras ela o líder de Terra Galega, Xosé Márquez, cun 3’66 e Fina Vázquez, voceira nacionalista que obtén un 3’38. A mostra só recolle valoracións dos voceiros da oposición e de tódolos membros do equipo de goberno. Os peor valorados polos viciños, según os datos da enquisa, son Isabel Vila cunha nota de 2’91; Luis Patiño que obtén un 2’73 e Juan Rey, o último da lista que saca un discreto 2’68.
A mostra, realizada por teléfono a 273 viciños entre o 27 e o 28 de outubro pasados, determina que os viciños consideran que o papel do goberno na actual legislatura é malo, nun 56’4% aínda que tamén suspenden á oposición que aseguran que o fai mal nun 50’9% dos casos. A maioría dos entrevistados non saben se a ruptura do goberno é positiva ou negativa, un 49%. Os datos son moi similares en canto as previsión electorais. O 43’9% cre que Pose renovará o seu mandato mentres que o 36’9% consideran que non. Preto do 9% cre que o PP renovará a confianza dos viciños pero que non o fará por maioría absoluta.
Manuel Pose critica a posibilidade de que o goberno autonómico introduza novas modificacións na lei do solo de Galicia. O primeiro edil refírese á posibilidade de que o ejecutivo obrigue ós concellos a reserva-lo 40% do terreno para vivendas de protección oficial. Pose esixe que se acompañe esta medida de recursos para que os consistorios podan adquirir suelo.
CORTE.- 64
O Concello denuncia o estado de abandono no que asegura que se encontra o aparcamento de camións do Polígono de Sabón, situado a carón da sede da Asociación de Empresarios. Nun comunicado a administración local solicita á Deputación provincial que instale contenedores e que proceda a limpeza da zona, así como ao desbrozamento das cunetas.
Desde o Consitorio arteixán, ponse de manifesto que, sin contenedores e sin que se realice a correspondente limpeza de forma regular, no lugar acumúlase o lixo, que se descompón co paso dos días, ocasionando cheiros e unha situación de insalubridade xeral.
O Concello reclámalle así mesmo ó organismo provincial que se ocupe da limpeza das cunetas, que neste momento están tupidas pola maleza e a lama, que impiden que a auga transcurra por elas.
Nestes asuntos, o Concello xa se puxo en contacto cos afectados, que veñen denunciando o abandono, de forma reiterada, por parte da Deputación. Doutra banda, o Goberno local arteixán reclámalle á Xunta de Galicia que lle esixa á empresa Ferrovial, encargada das obras de desmonte para a depuradora de Bens, que repoña o firme e manteña limpa a estrada que une Bens co vertedeiro de escombros.O Concello lémbralle á Administración autonómica a súa obriga de manter a devandita estrada sinalada correctamente, para que os usuarios non corran riscos.No mesmo sentido e en consonancia co que evidencian os veciños, o Concello de Artéixo solicítalle ao Goberno galego que proceda a limpeza das cunetas da mencionada vía.
Son maioría de mulleres. Os tramos de idades medran, na preadolescencia e na época da menopausia. Dende os 12 anos ata máis de 50. Falamos da anorexia e a bulimia, trastornos de longa duración froito, en garde medida, da sociedade que nos toca vivir. No-lo conta unha das representantes da Asociación Bulimia e Anorexia de A Coruña.
CORTE.- 66
En ABAC tratan actualmente 60 casos, a maioría, aínda, de mulleres. O Centro Cívico de Arteixo acolle hoxe, a partir das 18:00 horas, unha charla sobre a anorexia.
Trátase dunha iniciativa do Servizo Galego de Igualdade, organizada e promovida en Arteixo polo Concello, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM). O acto conta, ademais, coa colaboración da Asociación Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), xa que será unha psicóloga desta entidade a que impartirá a conferencia.
O punto de información Europe Direct da Deputación da Coruña organiza unha xornada sobre os programas europeos para a muller, que se desenvolverá o vindeiro mércores, 8 de novembro, a partir das 9.30 horas, no centro social de Caixanova na Coruña ( Avda da Mariña, esquina rúa Fama).
A actividade está orientada a xestores locais, asociacións, fundacións e persoas interesadas nos programas europeos de igualdade de xénero, e o obxectivo da mesma é orientar sobre as liñas e recursos de financiamento europeo para a muller no período 2007-2013, así como coñecer as experiencias e boas prácticas desenvolvidas neste ámbito a nivel local e nacional.
Durante o día, diversos expertos analizarán programas europeos para a promoción da igualdade de xénero como o Alba Plata en EQUAL, o DAPHNE II, o ALTRA ou o PROGRESS.
A xornada é gratuita e a inscrición realizarase por orde de chegada. As prazas son limitadas. Os interesados en participar poden inscribirse e obter máis información no teléfono 981 18 33 31
A oficina de información ó consumidor do concello organiza unha reunión informativa a cerca do “Canon finca”.
O acto, dirixido a todas aquelas persoas que queiran informarse a cerca de este concepto, tamén chamado IRC, e que aparece nas facturas do gas, vaise a celebrar este xoves, día 9, no centro de servicios sociais ás 6 e media da tarde.
Alí falarase sobre si é legal ou non o cobro deste Canon e as distintas formas de poder reclamar o importe cobrado por este concepto, de selo caso.
O auditorio do centro cívico e cultural será o escenario de dúas voces galegas de máxima actualidade: Guadi Gaelgo, de Berrogüeto, e Ugía Pedreira, de Marful.ambas estarán acompañadas do músico de jazz Abe Rábade, considerado como un dos mellores da península.
O concerto, baixo o nome de Nordestinas, terá lugar este venres, 10 de novembro, ás 8 e media da tarde.
O sábado, o turno é para o teatro. Valcar II presenta “Faragullas”, un espectáculo para tódolos públicos que terá lugar no centro cívico de Pastoriza este sábado, 11 de novembro, ás 7 da tarde.
INFORMATIVO RADIOARTEIXO 03 DE NOVEMBRO
venres, 03 de novembro de 2006 11:03
Arteixo, 03 de Novembro de 2006.
D.S. / R.T.
Continuidade e conservación. Falamos dos puntos básicos que sosterán o orzamento municipal para o próximo exercicio, ano electoral, de 2007. O alcalde confía en presentar este documento ós grupos da oposición nas próximas semanas para o aprobar, inicialmente, antes de que termine o ano. Manuel Pose cre que as edificacións importantes do Concello xa se acometeron en anos anteriores e que agora corresponde o seu mantenemento
CORTE.- 63
O alcalde asumiu o papel de concelleiro de facenda despois da ruptura do grupo de goberno e sustitúe nestas tarefas a Juan Rey que renunciou “temporalmente” a este posto a pesares de que o primeiro edil o mantivo aínda cando Rey anunciara o seu apoio á candidatura de Terra Galega nas próximas eleccións municipais.
Manuel Pose propón á Xunta de Galicia que estudie a construcción do novo centro de Infantil e Primaria de Arteixo en suelo rústico non protexido. O primeiro edil pretende así descongestiona-la actual zona escolar e deportiva e dinamizar a parte próxima ó Centro de Saúde. A Xunta de Galicia anunciou unha partida de 1’4 millóns de euros para a construcción deste centro con cargo ós prespupostos do ano próximo
CORTE.- 65
Pose coincide co claustro de Ponte dos Brozos na elección da zona para o segundo colexo. Os mestres nembargantes cren que, polas dimensións do centro actual xa serían necesarios dous novos colexos e non un tal e como anuncia a consellería de educación.
Aínda en educación falamos do proxecto educativo da Fundación Amancio Ortega. Os profesores adscritos ó Proxecto Ponte dos Brozos asumen a responsabilidade de transmitir ó resto da comunidade educativa en España, os logros, avances e situación actual desta experiencia piloto, única polas suas características en todo o estado.
Begoña Patricio, profesora do IES de Pastoriza, adscrita a este proyecto, protagoniza unha das ponencias do Foro de Experiencias Pedagóxicas que se celebra en Madrid ata mañá sábado.
Este encontro, que promoven a Fundación Encuentro e a Fundación Telefónica, ten como obxectivo presentar experiencias concretas que se realizan con INTERNET na escola así como servir de punto de encontro da comunidade educativa para reflexionar e debate-las posibilidades que, a curto e longo prazo, ofrece o uso pedagóxico da rede.
Begoña Patricio, na sua ponencia, fará especial fincapé na necesidad de que a renovación educativa que se pretende, se faga “coa permanente co-elaboración do método pedagóxico a que a que obrigan os novos recursos didácticos”.
A profesora de Pastoriza explicará ademáis como a introducción no aula de ordenadores portátiles, para alumnos e profesores, favorece o cambio de roles de uns e outros, docentes e estudiantes, e cómo este cambio facilita o “rearme moral, intelectual e profesional dos mestres á vez que incentiva no alumnado a capacidade de aprender a aprender”.
O “jurujú” , o “paipetique” ou as “bandurreiras”. Son só algúns dos máis de 5.500 topónimos recollidos polo Concello a través do Proxecto Toponimia. Foron necesarios máis de catro anos para elaborar unha lista fiable e miles de horas de traballo de campo e consulta cos máis vellos. O máis sinxelo, di María Rozamontes, no entorno rural. Na zona urbana, asegura, case non quedan testemuñas de nomes perdidos. María Rozamontes é a normalizadota lingüística do Concello e a responsable deste proxecto en Arteixo
CORTE.- 61-62
O proxecto recolle asemade o patrimonio etnográfico, arqueolóxico, artístico, histórico e as infraestruturas. Nestas últimas, tamén se inclúen os camiños tradicionais, as pistas, así como os edificios públicos. O traballo permanecerá exposto na sala de exposicións do Centro Cívico, desde hoxe ata o vindeiro sábado, día 4 de novembro. Rematada esta mostra, establecerase un calendario para levar a exposición por todas as parroquias do municipio de Arteixo e recoller as suxestións que propoñan os veciños.
O punto de información Europe Direct da Deputación da Coruña organiza unha xornada sobre os programas europeos para a muller, que se desenvolverá o vindeiro mércores, 8 de novembro, a partir das 9.30 horas, no centro social de Caixanova na Coruña ( Avda da Mariña, esquina rúa Fama).
A actividade está orientada a xestores locais, asociacións, fundacións e persoas interesadas nos programas europeos de igualdade de xénero, e o obxectivo da mesma é orientar sobre as liñas e recursos de financiamento europeo para a muller no período 2007-2013, así como coñecer as experiencias e boas prácticas desenvolvidas neste ámbito a nivel local e nacional.
Durante o día, diversos expertos analizarán programas europeos para a promoción da igualdade de xénero como o Alba Plata en EQUAL, o DAPHNE II, o ALTRA ou o PROGRESS.
A xornada é gratuita e a inscrición realizarase por orde de chegada. As prazas son limitadas. Os interesados en participar poden inscribirse e obter máis información no teléfono 981 18 33 31
Teatro Galileo presenta “O Avaro”, unha adaptación da obra de Moliere na que a protagonista é a avaricia.
O espectáculo, dirixido por Pedro Rubín, está recomendado para maiores de 14 anos.
A función esta tarde no auditorio do centro cívico, comezará ás 8 e media da tarde. As entradas xa se poden mercar a un prezo de 1,20 euros.
O centro cívico de O Froxel será o escenario para a maxia.
O mago Vituco presenta un espectáculo para tódolos públicos: “Ollos máxicos”.
A función, de entrada gratuita, mañá sábado día 4 ás 7 da tarde.
Lembramos ademáis que a sala de exposicións do centro cívico acolle, dende hoxe a ata o 11 de novembro próximo, o “I Concurso de artes plásticas” da asociación xuvenil Xiradela.
A asociación cultural Queiroa de Uxes celebra o magosto mañá con viño, castañas e a actuación de José Luis no local social da parroquia.
Ademáis anuncian, dende a asociación, que se mantén aberto o prazo de inscrición, nas actividades que ofertan para este curso, ata finais de mes.
Baile rexional, pandereta, gaita e tambor.
O Centro Cívico de Arteixo acollerá o vindeiro luns, día 6 de novembro, a partir das 18:00 horas, unha charla sobre a anorexia.
Trátase dunha iniciativa do Servizo Galego de Igualdade, organizada e promovida en Arteixo polo Concello, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM). O acto conta, ademais, coa colaboración da Asociación Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), xa que será unha psicóloga desta entidade a que impartirá a conferencia.
INFORMATIVO RADIOARTEIXO 02 DE NOVEMBRO
xoves, 02 de novembro de 2006 12:36
Arteixo, 02 de Novembro de 2006.
D.S. / R.T.
Manuel Pose califica como “historias para non durmir” a visita que esta semana realizou á empresa Ártabra o Concelleiro de Medio Ambiente de A Coruña, Florencio Cardador. Na súa visita á factoría Cardador destacou que o consistorio coruñés non ten “poder de ejecución” sobre a planta porque está en terreo de Arteixo. O concelleiro coruñés asegura que Ártabra cumpre o protocolo de cheiros “moi lentamente”. O alcalde de Arteixo insta ós viciños a decidir por sí mesmos e alude á planta de Nostián para determina-la procedencia dos hedores que periódicamente asolan ó entorno de A Coruña.
CORTE.- 59
Na súa visita Cardador recoñeciu que a empresa Ártabra reducira as súas emisións de olores en dous tercios e que coincide esta reducción co cambio de titularidade na factoría.
O Concello instará á empresa AUGARSA a mellora-lo servicio que presta ós viciños. É a primeira conclusión da Xunta de Voceiros celebrada esta semana e na que os concelleiros rexeitaron a subida prevista na taxa do sumnisitro ata que se mellore a calidade do servicio. O alcalde cre que houbo entendemento entre os representantes políticos á hora de criticar diversas prácticas da empresa de augas como o peche e apertura de válvulas e o arrastre de lodos. Todos coinciden en que se debe mellorar neste sentido
CORTE.- 60
O goberno local tiña intención de aplicar unha subida do 6’8% na taxa da auga que non contará co apoio nin de PSOE nin de BNG e coa abstención dos seis concelleiros afíns a Terra Galega. O encontro tratou ademáis a modificación das tasas para a realización de eventos culturais.
Na mesma xuntanza o alcalde entregoulle aos voceiros dos grupos políticos unha relación de posibles obras a incluir no plan de obras e servizos, para a súa discusión na vindeira comisión informativa. Estas obras son todas aquelas que teñen proxecto redactado.
O departamento de Formación e Emprego, dependente da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Arteixo, organiza para este mes de novembro un curso de Técnicas de Empaquetado e Presentación de Agasallos, dirixido a comerciantes e traballadores do comercio do municipio.
O cursiño terá unha duración de 12 horas e celebrarase en horario de 20:30 a 22:30 horas, durante os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de novembro, na aula de formación do Centro de Servizos Sociais.
O prazo de inscrición comeza este próximo día 2 de novembro e rematará o día 15 dese mes. As persoas interesadas poderán realizar a solicitude directamente no Centro de Servizos Sociais ou ben chamando ao teléfono 981.64.08.36. O número de prazas está limitado a 20
29 novos mestres dos centros Ponte dos Brozos, Sabón e Pastoriza se incorporan entre hoxe e mañá ó proxecto educativo Ponte dos Brozos da Fundación Amancio Ortega.. Con estas incorporacions o número de docentes que practican unha nova metodoloxía nas suas aulas ascende a 123.
Destaca en tódolos centros o alto porcentaxe de profesores adscritos. O proyecto, en todalas suas vertientes, é voluntario. No presente curso el 72% do claustro do CEIP Ponte dos Brozos trabajará con un ordenador portátil. La cifra alcanza o 84% do profesorado no IES de Sabón e case do 92% no IES de Pastoriza.
Todolos profesores adscritos a este proxecto reciben, ademáis do Terminal portátil correspondente, formación acerca do seu uso didáctico. O profesorado amosa de este xeito un alto nivel investigador e da un paso máis cara a sua autonomía como impulsor e garantía do mantenemento desta iniciativa ó longo do tempo.
O Centro Cívico de Arteixo acollerá o vindeiro luns, día 6 de novembro, a partir das 18:00 horas, unha charla sobre a anorexia.
Trátase dunha iniciativa do Servizo Galego de Igualdade, organizada e promovida en Arteixo polo Concello, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM). O acto conta, ademais, coa colaboración da Asociación Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), xa que será unha psicóloga desta entidade a que impartirá a conferencia.
Teatro Galileo presenta “O Avaro”, unha adaptación da obra de Moliere na que a protagonista é a avaricia.
O espectáculo, dirixido por Pedro Rubín, está recomendado para maiores de 14 anos.
A función, mañá venres día 3 no auditorio do centro cívico, comezará ás 8 e media da tarde. As entradas xa se poden mercar a un prezo de 1,20 euros.
O centro cívico de O Froxel será o escenario para a maxia.
O mago Vituco presenta un espectáculo para tódolos públicos: “Ollos máxicos”.
A función, de entrada gratuita, mañá sábado día 4 ás 7 da tarde.
Lembramos ademáis que a sala de exposicións do centro cívico acolle, dende hoxe a ata o 11 de novembro próximo, o “I Concurso de artes plásticas” da asociación xuvenil Xiradela.
A asociación cultural Queiroa de Uxes celebra o magosto este sábado, 4 de novembro, con viño, castañas e a actuación de José Luis no local social da parroquia.
Ademáis anuncian, dende a asociación, que se mantén aberto o prazo de inscrición, nas actividades que ofertan para este curso, ata finais de mes.
Baile rexional, pandereta, gaita e tambor.
Para máis información poden acudir os venres ó local social entre as 8 da tarde e as 10 da noite ou chamar ó 617.05.87.14 (Rosa) ou ó 649.59.36.13(Juan).
+ ver máis >>