Cidadáns de Arteixo Arteixo.Cidadáns.NetConcello de ArteixoEuropaPress.NET

Cidadáns de Arteixo

Galego | Castellano

INFORMATIVO RADIOARTEIXO 20 DE OUTUBRO

venres, 20 de outubro de 2006 11:57

Arteixo 20 de outubro de 2006.
D.S. / R.T.

Juan Rey anuncia públicamente a súa renuncia a ocupa-lo cargo de Concelleiro de Facenda despois da proposta do alcalde na remodelación de goberno. Rey explica nun comunicado remitido a esta emisora as razóns que o levaron a tomar esta determinación: Rey cre que a decisión do alcalde de prescindir dos seis concelleiros disidentes é “pouco meditada” e aclara que non quere ser partícipe da súa actitude. Rey deixa unha porta aberta á rectificación de Manuel Pose ó que invita a recompoñe-la unidade do grupo para, explica, seguir a traballar para os viciños. Rey expón no seu comunicado que a única razón pola que se chegou á actual situación é a falla de diálogo e discrepancias en materia urbanística. O ex concelleiro cre que a decisión do alcalde de expulsalo a él e a outros cinco concelleiros compromete “gravemente a estabilidade e a calidade de vida dos viciños”.
O alcalde Manuel Pose, pola súa banda, evita aclarar se estes seis concelleiros do PP renunciaron ou foron expulsados do seu labor de goberno. Pose prefire deixar esta valoración ós viciños. Os seis ex – edís, que poderían forman na próxima sesión plenaria como grupo de non adscritos, presentaron o seis de outubro pasado un recurso, posteriormente rexeitado polo alcalde, no que solicitaban a súa readmisión ó fronte das súas respectivas áreas de goberno.

CORTE.- 13

O recurso non aceptado provoca tamén a renuncia de Rosario Figueiras á súa adicación exclusiva.
A renuncia de Juan Rey de seguir ó fronte de Servicios Económicos non afecta ós plans do alcalde Manuel Pose, que asumirá personalemente as tarefas de concelleiro de facenda, de aproba-lo presuposto municipal para o exercicio de 2007. Pose xa exerciu como tal en anteriores lexislaturas. O alcalde espera que, “por coherencia” o orzamento se aprobe como en anos anteriores aínda que advirte de que, en caso contrario, o concello está preparado para traballar con prorrogables durante meses.

CORTE.- 15

En apartado político estamos ademáis pendentes da asamblea que hoxe celebra o BNG de Arteixo e na que poderíamos asistir á renuncia de Fina Vázquez a encabeza-la lista dos nacionalistas nas próximas eleccións municipais tal e como anunciara nesta emisora a semana pasada. Silvia Seijas á que tódalas quinielas colocan na primeira liña de sucesión non quere adiantar nada ata que se pronunice a asamblea.

CORTE.- md. Anterior. 69

O PSOE celebrará a súa asamblea a mediados do mes de novembro próximo. Pilar Souto se presentará como candidata a repetir como cabeza de lista para os próximos comimicios aínda que non descarta que haxa alternativas entre as que deberán de decidir os militantes do partido.

O grupo municipal socialista critica a subida da taxa da auga que o pleno da corporación tratará na sesión ordinaria da semana próxima. A voceira do PSOE Pilar Souto entende que este servicio debe de se pagar pero, aclara, cando se trate dun servicio de calidade

CORTE.- 9

A subida se corresponderá co incremento anual do IPC. Mentres os viciños de Chamín- Barrañán advirten da mala calidade da auga que derivará do proxecto que plantexa a Xunta de Galicia para a instalación de depuradoras naquel entorno. Os viciños explican ademáis que non entenden as manifestacións do alcalde que, en Radio Arteixo, denunciou o verquido irregular de terras procedentes das obras deste proxecto que, os afectados aseguran, aínda non comezaron. Os viciños chamaron onte ó Director de Augas de Galicia que podería finalmente visita-la zona a semana próxima. O martes os viciños percorrerán sendas plantas de depuración e bomeo acompañados dos representados municipais de PP, PSOE e BNG.

Os viciños de Oseiro queren recupera-la ponte do Taberdón. Trátase dun paso anterior ó encoro do Rexidoiro que unía Sabón con Oseiro. A asociación Manuel Murguía cre que a recuperación desta ponte aliviaría o colapso circulatorio que sofre diariamente a Rotonda do Seixedo xa que ofrecería unha saída alternativa do Polígono Industrial.

CORTE.- 17

Os viciños sosteñen que presentaron esta idea á Deputación Provincial en tempos da presidencia de Lendoiro e ó Concello hai aproximadamente dous anos e, de momento, aseguran , non hai resposta. O alcalde Manuel Pose di que o proxecto é pouco viable e que a suposta reducción de tráfico só trasladaría o problema ó centro de Oseiro

CORTE.- 12

Os viciños de Oseiro criticaron na Radio Municipal o abandono que sofre o entorno da “aldea” onde só quedan catro viciños e na que, segundo as súas propias palabras, as infraestructuras e servicios son iguais que hai 50 anos.

“Armas baixo control” é un espectáculo de maxia no que tódalas armas do mundo se transforman en pompas de xabón.
O Mago Antón dirixe a función que conta co beneplácito de Amnistía Internacional i está recomendada para maiores de 10 anos.
O espectáculo, que forma parte do programa do outono cultural, terá lugar no auditorio do centro cívico hoxe ás 8 e media da tarde.
As entradas están xa á venda no centro cívico e tamén se poderán mercar unha hora antes do comezo da función.

http://arteixo.cidadans.net/radioarteixo/6373
77 Comentarios  -  Envía o teu comentario

+ ver máis >>

Comentarios

  • Hola, eu son o veciño de Chamín e Barrañán que escribiu para falar da situación de abandono a que nos teñen sometido tódolos politicuchos de Arteixo sen distinción de partidos e cores. Pero a verdade é lamentable escribir algo para que a xente se entere e ver semellante cantidade de insultos e niñerias. De verdade sodes persoas maiores de dezaoito anos. Mi madriña a verdade é algo cada día máis habitual ver xente de corenta ou máis comportándose coma verdadeiros adolescentes. Para chorar.
    Quérennos levar a ver depuradoras seguro que teremos que ver as que eles digan. Queremos ir ver a de Dodro que saía a semana pasada na televisión de Galicia e que tiña apestado a tódolos veciños dos arredores. Tamén pode que levemos un vaso por si algún dos nosos maravillosos políticos ten sede beba un pouco desa auga "depurada". Incluso podémoslle pedir que a beba sen sede porque din os médicos que é moi bo beber dous litros o día.
    Non vos cansedes que xa é para chorar sen ter que ver tanta trapallada. Vaia Concello machiño.
    Pilar,Argemiro,Silvia,Fina.¿Onde estades? Como gañedes as eleccións vades ter problemas cas depuradoras e vadelo comer vos. Aprovachedes o proxecto e agora non vos atrevedes a opoñervos a el.Incluso defendédelo pero sin argumentos. Esperando un informe dos técnicos,¿no no tiñades xa antes?.
    Pilar, Fina e compaña quixeron ver recientemente o proxecto antes de que veña o Director de Augas. E foi simplemente para velo e saber do que andan a falar porque non tiñan nin idea de que trataba. Aprovárono sin velo e agora que se fala del teñen que poñerse o día para non quedar en ridículo. Esto é un verdade coma un templo, tan verdade como que lles importa tres pitillos todo.
    En tódolos lados protestan contra as depuradoras e eiquí van poñer unha o lado das viviendas, da carretera e en primeira liña de praia. Gastarán os cartos nas depuradoras e cando den problemas e eles gobernen quedaremos cas maravillosas depuradoras cheirando e protestando pero sen conseguir nada. Xa no nos fan caso agora imaxinade despois. Eso

    PARA CHORAR - 20/10, 16:32
  • Eso téñeno claro por eso pasan de todo. E mentras a merda de todo Chamín correndo polas cunetas, contaminando fontes, pozos e a ría. Que máis lles da os votos están en Arteixo e Meicende onde teñen moita xente.
    ¿POR CERTO, A ZANJA QUE ESTÁN A FACER O LADO DA ANTIGA E INÚTIL ESTACIÓN DE BOMBEO DE BARRAÑAN NON SERÁ PARA FACERLLE UN ALIVIADEIRO E BOTAR A MERDA DOS POUCOS QUE ESTAMOS CONECTADOS O SANEAMENTO A RÍA? ERA O QUE CHE FALTABA E NON SERÍA NADA RARO TAL TROPERÍA.
    QUE ALGUÉN CHAME O FISCAL E A UN INSPECTOR DE MEDIOAMBIENTE. EIQUÍ DUN TIRO MATAN MEDIA DUCIA DE PÁXAROS.

    PARA CHORAR - 20/10, 16:35
  • Este fantástico blog que pon a nosa disposición a axencia Europa Press (ou algo similar) no no len os periodistas que a súa vez coñecen a políticos, fiscais e demáis para que investiguen un pouquiño tódalas queixas que saen tódolos días neste blog. As infraccións urbanísticas, o malgasto de cartos, os delitos ecolóxicos, o enriquecemento sospeitoso duns cantos, a inutilidade da oposición, os "maravillosos e socorridos acordos de edificabilidade" que promete o noso Alcalde a cambio de deixar pasar por terreos, ceder, etc. Todo isto e un longuísimo etc.
    O PSOE E O BNG de Santiago non lles interesa gobernar nun Concello tan grande e con tanta pasta. Pois con este ritmo, este ansia no no conseguen nin de coña. Se non aproveitan a oportunidade agora con tódalas trapalladas do noso Alcalde cando o van facer.
    Seguro que lle deben algo.
    As aceras da Catuxa, diante da taberna BoaVista, van a paso de tartaruga. Fanas despaciño para que as vexamos e votemos polas maravillosas melloras que fan tódolos anos,ja.
    Unha vez preguntoume un madrileño se en Galicia xa tiñamos aceras en tódolos pobos e resignado tívenlle que contestar que non. Temos o que merecemos. Fannos unha acera e parece que nos están a regalar algo.
    PILAR, FINA, ¿A PASARELA DO SEIXEDO NON TIÑA UN PRAZO DE EXECUCIÓN? É PRA MEXARSE DA RISA E O BO E QUE O FINAL VANA TER QUE TIRAR CANDO VEÑA O PORTO EXTERIOR SENÓN CAE SOA PORQUE É UNHA VERDADEIRA CHAPUZA.

    A ra - 20/10, 16:48
  • O outro día saía no telexornal que existían un número moi elevado de construccións ilegais por toda España. Os sitios onde máis se realizaba esta práctica eran as Canarias, Málaga,etc.
    SORPRENDIUME moitísimo que non saíra ARTEIXO porque debería estar no número un do Ranking. Xa só ca casa do Alcalde en Larín, a do seu fillo en Balcovo, a da Secretaria particular do Alcalde na Praia de Barrañán paralizada xa fai ben anos, a dalgún técnico de urbanismo en Barrañán, un alpendre convertido en vivienda de luxo e un longo etc en tódolos edificios do Concello feitos polos constructores amiguiños do Alcalde é para encabezar a lista negra de toda a Península corrupta.

    O Can - 20/10, 16:57
  • ¿SABEDES para que nos construiron unha praia fluvial en Barrañán? Sí, home a que está entre a ría e o paseo marítimo a altura do Bar "Corazón Blanco". Esa merda que só serve para criar canaveiras, acumular merda e empobrecer a estética desta praia.
    POIS ESA PRAIA FLUVIAL QUE CREOU O NOSO ALCALDE E O DIRECTOR DE COSTAS FÍXOSE CA ÚNICA INTENCIÓN DE DISIMULAR TODA A MERDA DOS HABITANTES DE CHAMÍN QUE VAIXA POR UN REGO ATA A RÍA.
    DESVIÁRONLLE O CAUCE ANTIGO O RÍO E ASÍ DENDE O PASEO MARÍTIMO NON PODES VER A MERDA QUE TEN O RÍO.
    ADEMAIS A EMPALIZADA QUE FIXERON NON PERMITE O BAÑO OS NENOS, GRACIAS A DEUS, PORQUE SENÓN ALGÚN ÍA MORRER CUNHA INTOXICACIÓN.
    PILAR E FINA SABENO E TAMPOUCO FAN NADA. SON TODOS IGUAIS UN FATIÑO DE INÚTILES COMECHÓNS.

    ¿Porqué non se fai unha sección crítica na radio? Só se fala de queixas e cousas mal feitas cando se vai protestar. Os da radio podían ir polas parroquias, investigar, preguntar e denunciar. Todo estilo Caiga Quien Caiga.
    Pero é mellor ocupar todo o tempo co musiquilla e comentarios do carallo.

    MIAU - 20/10, 17:06
  • O fodido e cando vas solicitar a AUGARSA, case de xeonllos e cunha mala ostia que te cagas, que fagan o favor de conectarlle o saneamento a un veciño que o ten solicitado a súa vez dende fai xa catro ou cinco meses.
    E vas tí a solicitalo e non o teu veciño que é o interesado porque un día abres o grifo da ducha e saeche unha auga que ven do teu pozo e que cheira a mesmiña merda.
    ¿SABEDES PORQUE? Porque bota a merda a cuneta o lado do teu pozo e contaminacho. A verdade en Chamín é unha practica moi habitual e os propios operarios do Concello engancháronlle o saneamento os veciños a rede de pluviais e deste xeito a merda corre polas cunetas e contamina os pozos e as fontes públicas. ESAS FONTES QUE NUNCA FORAN DE AUGA P0TABLE E AGORA DE REPENTE SEN QUE NADA FORA A MELLOR SENÓN A PEOR SON MILAGROSAMENTE POTABLES. ¿SE ANTES A MERDA NON ÍA POLAS CUNETAS E AGORA VAI E PASA O LADO DAS FONTES COMO CARALLO ANTES NON ERA POTABEL E AGORA SÍ?
    ESA RODA DO MUÍÑO QUE A COMULGUEN ELES.
    TODO ISTO SABEO O MARAVILLOSÍSIMO ALCALDE QUE TEMOS. O FIRMÓN DO XERENTE DE AUGARSA. E SOBREDETODO PILAR, FINA E COMPAÑÍA E NON FAN ABSOLUTAMENTE NADA.
    A DEPURADORA EN PRIMEIRA LIÑA DE PRAIA, E AS SETE DEPURADORAS POR ENRIBA DA ESTACIÓN DE CAPTACIÓN DE AGUA POTABLE DE SISALDE NON SON A SOLUCIÓN IDÓNEA.
    AXUDA, POR FAVOR. MELLOR RIR QUE CHORAR.

    O Boi - 20/10, 17:16
  • Catro ou cinco homes traballan en AUGARSA para facer frente a todo o traballo deste Concello tan grande. O de AUGARSA é un puro negocio.
    Nós comendo merda e eles repartindo os cartos e subíndonos o prezo da auga.
    Coñecedes o Xerente, eu de vista, fun mil veces a AUGARSA e nunca esta. Só están esas secretarias tan guapas e, que me perdoen, manifiestamente ineficientes. Ou obrigadamente ineficientes.
    Vas alí ou chamas por teléfono e dinche que xa pasan o recado. Bueno, méxome de risa por non chorar.
    O Xerente de AUGARSA ponse sudoroso e vermello cando se ve nalgún compromiso. Para ser firmón hai que ser un tipo con máis sangue frío.
    S.O.S. ARTEIXO. S.O.S.

    A Vaca - 20/10, 17:26
  • Diego e compaña e de verdadeira coña que usedes comentarios no blog para falar en nome dos veciños de Chamín e Barrañán. Un comentario nun blog firmado cun pseudónimo non é unha fonte fiable para verquer unha información nun medio de transmisión oficial.
    SODES, CON TODO O MEU RESPETO E O MEU ASOMBRO, UNS PROFESIONAIS DE CARALLO. E SÓ FALTARÍA QUE ME CONTESTARADES E VOS PARECERA MAL PORQUE É UNHA VERDADE COMA UN TEMPLO.
    TENDES TELÉFONOS E XENTE E POLÍTICOS COS QUE FALAR PARA INFORMARVOS. ADEMÁIS NON É QUE HAXA MOITAS NOTICIAS RESPECTO O TEMA. SÓ QUE CHAMAMOS O DIRECTOR DE AUGAS DE GALICIA E DÍXONOS QUE ESTABA MOI OCUPADO E QUE INTENTARÍA VIR CANTO ANTES.
    ESO É O MÁIS RECENTE E IMPORTANTE. BUENO, ESO E QUE OS POLÍTICOS NON FAN ABSOLUTAMENTE NADA RESPETO A ESTE TEMA E MOITOS OUTROS.

    PARA OS RADIOAFICIONADOS - 20/10, 17:36
  • COMENTARIO PARA O NOSO "ESTIMADO" XERENTE DE AUGARSA.
    Diríxome a usted para que entre outras moitas peticións investigue un fedor insoportabel que se pode apreciar nos arredores da praia de "Combonzas". Xa lle informaron deste tema fai uns cantos meses pero parece que Usted pasa absolutamente de todo.
    Alí,agora que é inverno, a merda no na ve ninguén, non é verdade Señor Xerente. Eu non fun alí a ver pero se cheira e que algo debe de estar mal.
    Faga tamén o favor de resolver o tema dos enganches en Chamín que a este paso vamos beber todos merda dos nosos pozos e non nos quedará máis remedio que engancharnos a merda da súa traída para enriquecelos a ustedes e seguir bebendo a merda de auga que mandan dende Sisalde, Rexidoiro ou sabe Deus onde.
    Aínda que seguro que pensa de nós que somos unha panda de mataos pailáns pero a moita honra.
    ¿Por qué está a funcionar todo o día a estación de bombeo de Barrañán se somos catro casas as conectadas o saneamento na parroquia de Chamín? ¿Por qué non fai que o resto da parroquia se enganche?¿É que esa estación de bombeo non da máis de sí? ¿Ca excavación que están a facer a beira do pozo desta estación de bombeo non pretenderán facer un aliviadero para a rede de sumidoiros a que chega esta zanxa? ¿de alí que a vai mandar a ría?. No nos sorprendería nada porque con tal de solucionar os seus problemas.
    ANTE A CONTAMINACIÓN MANIFESTA DALGÚN POZO DE AUGA POTABLE ATA FAI POUCO CON AUGAS FECAIS VERTIDAS A CUNETA E CONSENTIDAS POLO CONCELLO, POR AUGARSA E ANTE A INOPERANCIA PARA REALIZAR UN ENGANCHE SOLICITADO FAI CINCO MESES SO QUEDA A DENUNCIA FORMAL ANTE AS AUTORIDADES SANITARIAS. TODO ELO ACOMPAÑADO DA SOLICITUDE DE ENGANCHE DE, REPITO, FAI CINCO MESES. TODO NUNHA OBRA XA FEITA NA QUE SO FAI FALLA FACER UN PEQUENO BURATO NO POZO DE REXISTRO PARA QUE ENTRE ALÍ A MERDA CA QUE NOS ESTAMOS A DUCHAR AGORA OS DEMÁIS.
    DEBERÍAMOSLLE LEVAR UN CALDEIRILLO DELA A SEDE DE AUGARSA.
    ADEMÁIS QUE FALAR DO COLECTOR DE SANEAMENTO DE CHAMÍN QUE NON CHEGA A MOITAS CASAS E AS QUE LLE PASAN PRESUPUESTO

    O XERENTE DE AUGARSA - 20/10, 18:53
  • ADEMÁIS QUE FALAR DO COLECTOR DE SANEAMENTO DE CHAMÍN QUE NON CHEGA A MOITAS CASAS E AS QUE LLE PASAN PRESUPUESTO PARA QUE OS VECIÑOS PAGUEN POLA OBRA PARA ACERCAR ALÍ O SANEAMENTO. É O COLMO OS QUE ESTÁN LONXE DA CARRETERA TEÑEN QUE SUFRAGAR O COLECTOR E OS QUE ESTAMOS A BEIRA DA CARRETERA EN ZONAS CHÁNS TEMOS QUE PAGAR A CORRIENTE DE BOMBAS QUE MANDEN A MERDA O COLECTRO GENERAL PORQUE ESTE DEIXÁRONO A PROFUNDIDADES POR DEBAIXO DO REGULADO. E FALAN DOS DEMÁIS PAISES, DO ATRASO E DO TERCEIRO MUNDO.
    AQUÍ TIRAN OS CARTOS TÓDOLOS DÍAS EN OBRAS MAL FEITAS PARA DAR UNS SUPOSTOS SERVICIOS QUE DESPOIS NON DISFRUTAMOS.
    AGORA PARA REMATARNOS UNHA DEPURADORA EN PRIMEIRA LIÑE DE PRAIA.
    S.O.S DIRECTOR DE AUGAS. VEÑA XA QUE LLE EXPLICAMOS UN LOTE DE CHAMBONADAS.
    PILAR,ARGEMIRO,FINA,SILVIA E DEMÁIS S.O.S. PASADES DE TODO TÍOS. COMA OS TONECHOS.

    O XERENTE DE AUGARSA - 20/10, 18:56
  • Que dicir deses recheos de terra que proveñen de obras. Esa terra que acaba nas leiras de certos veciños de diversas parroquias que todos coñecemos e que na súa ignorancia ou na confianza cega no seu "gran e infalible" Alcalde deixan botar alí este escombro enfrentándose despois a un expediente sancionador. Todo porque claro o recheo cos materiais procedentes destas obras non teñen permiso nin proxecto para poder realizarse.
    Exemplos destes recheos deronse en Barrañán, na Lagoa, en Balcovo, nun camiño de Monteagudo, na Braña,etc.
    Outro exemplo das maravillas que nos rodean.

    O Paxaro - 20/10, 19:09
  • ¿dónde está o blog que estaba afalar datenente de alcalde que viste de channel, saeu a mediodia i non o encontro?

    la rubia viste de channel.... - 20/10, 19:25
  • Pois no no sei, supoño que a censura franquista volve de novo, espero que o que o escribiu o volva a intentar porque todos quedaremos cas ganas de botar unhas risas no lugar de chorar. Porque este Concello e para chorar e queimar. Só faltaría que rastrearan as direccións IP dos ordenadores e nos fixeran espionaxe. Que lles dean.

    Que lles dean - 20/10, 19:44
  • Tedes que coller o Alcalde,atarlle únha pedra os collóns,e tiraló no fondo da ria de barrañan, esa ria que el presume de estar limpia e lista para o sano baño,é con el a sua "querida"amiga Isabel Vila, haber si buceando os dous en tan "limpas i cristalinas augas", i despóis de tan placenteiro baño, sáen "purificados dos seus pecados"

    Cagallóns po la ria Abaixo - 20/10, 20:01
  • Coñecedes a zona do pozo dos cabalos, sí home, a cala pequena que ahí pasando a praia do "Reiro", onde esta o bar do Relojero. Non vos fixachedes na cantidade de cierres feitos con columnas prefabricadas de cemento e alambrada que se fixeron no último ano. Joder e despois falan da lei de Costas e do feismo en Galicia. Non me jodades non fan nada para evitalo e os donos son uns incívicos do carallo e teñen o gusto no cú.
    Ademáis hai dous "fins de semana" alí mesmiño enriba do cabo coñecido coma "punta da alta". A verdade que poden botala caña dende a cama.
    O máis coñón é que o antigo vixilante de Costas saía con moita frecuencia de dentro destes palacetes de tan bo gusto e que cumpren "tódalas normativas". E non pensedes que viña de entregarlles ningunha orde de derribo, que va viña de tomar unhas cervexas e uns percebiños que decomisara horas antes.
    Se chega a sela casa de calquera outro chimpanña volado. Sobre todo se é pobre e é a única vivenda que posue. Pero estes que veñen catro días a rascalos collóns a praia e maldita necesidade teñen non lla tiran.
    Contovos un caso para confirmar a diferencia de clases e o amiguismo. En Chamín de arriba fai uns dous anos un veciño dispuxose a construir a súa vivenda, esta con tódolos permisos non coma as dos amigos do Alcalde, mentras facía a súa casa instalou unha casiña de madeira para vivir nela xunto ca súa muller e as súas dúas fillas.
    Bueno, fixo isto porque non tiña outra vivienda e de xeito temporal mentras obraba.
    Sabedes que fixeron os cabrós do Concello mandarlle retirala caseta e gastalos cartos nun aluguer. Cartos que lle facían falla para rematala obra.
    Escribo isto sen o seu permiso pero creo que é bastante necesario para ilustrarvos sobre o caciquismo e o clasicismo neste Concello corrupto e delirante.
    Por certo "Cagallóns pola ría Abaixo" daslle duro, eh! Pero bueno .....Ja.

    A Cadeliña - 20/10, 20:28
  • Sabedes como consiguen os terreos o Alcalde e os que recentemente abandoaron o barco para enrolarse nun cayuco. Refirome o Sr. Marquez o Sr. Torres e compaña. Pois vouvos poñer un exemplo práctico. A Estación de Captación de Auga Potable está sobre uns terreos que os seus propietarios cederon gratuitamente a cambio dun enganche a rede de auga potable e un permiso para botar un tellado. Todo isto foi ofrecido por estes Srs. como gratuito a cambio desta cesión. Xa vedes algo que é obrigatorio e prácticamente gratis e ofrecido como unha forma de pago e un favor. Como se lle estiveran solucionando a vida. Esquecíame ademáis prometéronlle que un terreo próximo a casa ía ser edificable para que construiran alí unha casa os seus fillos. Que me explique o Alcalde e os compinches como poden eles facer ou desfacer para que algo sexa edificable. Ou o é ou o será por uns motivos non coma forma de pago.
    É para flipar pero e a práctica habitual da Alcaldía.
    Deixas pasar por unha leira para facer calquer paseo marítimo coma o de Rañal ou calquera outro e firmache un papel asegurando que che da edificabilidade e o que pon o papel e que se estudiará a viavilidade de dar edificabilidade no momento da redacción do futuro,inexistente e esperado Planeamento Urbanístico "fantasma".
    Veña todo é para flipar pero a verdade eles fan o que os demáis lle deixan e tomanlle o pelo a quen se deixa pelar por ignorancia, confianza, medo a coaccións ou non asesorarse sobre a probablísima posibilidade de que lle esten pelando a cachola cando quería unhas mechiñas o Bechkam.
    E coma sempre dicir que a oposición os biosbardos.

    O Rato - 20/10, 21:36
  • Curioso. Hay un blog onde dan as gracias ós voluntarios de Alcoa por arranxar o local social de Oseiro e para que ninguén se sinta tentado a falar da AAVV Manuel Murguín, restrinxen os comentarios só a usuarios rexistrados.
    ¿ Será que Xosé Manuel , membro da directiva, non quere que se fale da forma fascista en que se traballa nesa asociación onde non se pode opinar nada contrario ós da directiva.
    Un local onde só poden entrar os socios e onde non teñen cabida as restantes asociacións da zona ( hai que pedir o local e dicir de que se vai falar e quen vai ir ).¿ Será tamén que Xose Manuel non quere que se fale de como consegiu a súa praza en Augarsa logo de comerlle o cu ó alcalde e facer a labor de dóberman? ¿ Ou non quere que se saiba que nin siquer vive en Oseiro e sin embargo fai montes e moreas na AAVV de Oseiro ?
    Que será, será .....

    Para a AAVV Manuel Murguía - 20/10, 23:01
  • Ou irá nas listas do PP como fixo no seu día Mouzo, que pasou da AAVV ás listas do PP ?? Logo descubriu que só uns cuantos comían ben na corporación e ... ¡ miña terra galega , donde el cielo es siempre gris ...la,la,la

    Para a AAVV Manuel Murguía  - 20/10, 23:03
  • As únicas asociacións de veciños que lle gustan e lle gustaron o noso Alcalde e o seu séquito foron sempre as que se dedicaron as encherolas, as festas, as excursóns para os xubilados ou nos que tiña catro pelotas comechóns e lamecús que querían conseguir un posto de traballo para eles ou a súa familia porque son uns arrastrados e doelles o corpo e non teñen puto orgullo.
    Calquera asociación que lle fixo unha crítica ou unha reivindicación subida de tono foi aniquilada. Non permite nada que lle faga sombra aínda que o que se lle pida vaia en favor do pobo e da súa propia imaxe política se dera resposta as reivindicacións. O que soe facer é que lle pidan e non facer caso e pasado o tempo facelo e apuntarse o tanto dandose de boísimo e santurrón.

    A Denosiña - 20/10, 23:11
  • Pero eses de alcoa que veñen de limpar o chapapote ou pertencen o turno do doutor House. Vaia pintas teñen todos co condón ese posto. A saber que prácticas se realizan nese local,ja. É coña non vos piquedes o que pasa é que a foto e un tanto extraña.

    Manuel - 20/10, 23:15
  • Nón tes vergonza,Xosé Manuel Vazquez,menos mál que po lo que vexo por eiqui xa te teñen o perfil ven collido,o posto que tes en augarsa, conseguichelo a dedo,agora ven arrastrar, tivecheste que arrastrar cómo ás culebras, ti e teu pai, ti dende as xuventudes do PP ,teu pai,peloteando que sempre se lle dou ben,si teu abó paterno levantara a cabeza,a bon seguro,sentiria vergoña dos dous, de ti, como neto, i de teu pai, cómo fillo,ai que ver ata dónde chega un por un posto de traballo. NON TEDES VERGOÑA

    PARA A AA VV MANUEL MURGUIA - 20/10, 23:35
  • ¿Pero este Xosé Manuel Vázquez que é o Xerente de Augarsa?

    A Eiruga - 20/10, 23:44
  • Que pasa co comentario ou o blog que falaba da indumentaria da nosa maravillosísima e cateta, aínda que o intente disimular, Teniente de Alcalde.
    A verdade e que eso de ser Teniente de Alcalde parece a OSTIA de difícil pero xa se ve que calquera chambón pode desempeñar o papel de Teniente de Alcalde, Concelleiro de calquera cousa ou mesmo Alcalde.
    Os universitarios do país están para traballar por 800 euros para todos estes fatos de manguelos. Eles non saben nin ler e os estudados comendo merda e calando.
    Cando un neno é pequeno pode pensar en estudar para ser político, policía, bombeiro. Se é de Arteixo ou outro Concello corrupto darase pronto conta que cun pouco de pelotilleo e arrastrándose coma o cadeliño non fai falla sacrificarse moito.
    Cantos andan en Arteixo traballando con praza de funcionario pola patilla.

    A Curuxa - 20/10, 23:58
  • E unha magóa que o retiraran, eu tamen o vin, a mediodia estaba i agora non esta¿por que será? o mellor chamóu, i pasarón a tixeira.
    E de cateta nada,esa si que e lista,entrou no cóncello cúnha man diante i a outra detrás, i agora está millonaria a"pórca", asquerosa esa,entre o que chupa do cazeo dos promotores,o que mangonea por chanchullar licencias ilegais,comisións de arteixo cónsulting...etc etc...a
    "pórca" ésa márcha forrada de arteixo

    cazeo cazeo... - 21/10, 00:21
  • ¿Alguén sabe que pasou onte na asemblea do BNG ? ¿ Temos novo/a candidato/a ?

    ¿Nova candidatura? - 21/10, 13:36
  • A bon seguro que a candidata e Silvia Seijas,muller traballadora,honrada,honesta, procede dunha familia de toda a vida de Arteixo, dunha aldea chamada Figueiroa,dónde e querida i respetada, tanto ela, cómo a sua familia.
    o tempo a de demostralo,éso é o que se di sempre en politica, pero Silvia, quizais sexa únha dos poucos politicos, honrados que ten Arteixo, oxalá chegue a gobernar i alcanze a alcaldia,de ser asi estou seguro que Arteixo i o seu cóncello respirarian aire sano i limpo.
    Arriba Silvia, Arteixo necesita, xente noble i honrada coma ti eres.

    Un veciño da Catuxa - 21/10, 15:18
  • A verdade conocín a Silvia fai pouco e o que dí este veciño da Catuxa é verdade. Parece unha rapaza moi sana e traballadora.
    O que pasa é que o principio estará verde e tamén lle deixan unha herdanza chea de merda ata a bandeira. Vai ter que botarlle valor e tesón porque os catro días olvidaranse do que lle deixaron de herdanza e botaranlle a ela a culpa de todo. Se é que gana as eleccións. A verdade creo que ante o panorama político que temos sería o mellor.

    O Escornabois - 21/10, 15:30
  • Mi madriña, hoxe estiven en Monteagudo e dentro de pouco van ter que comprar cabalos ou bois para chegar a casa pola carretera que teñen dende Chamín do Medio. En doce anos de mandato o larpeiro do Alcalde ca excusa de que parte da carretera é do Concello e parte e da Deputación foi incapaz de arranxala. En Monteagudo son catro e como non son votos pasan deles e por outro lado non teñen os collóns de tirarlle catro pedras as vidrieiras do Concello para que espabilen.
    E por outra parte, a oposición ou non vai por Monteagudo ou ten un todoterreo e non se entera dos baches. Realmente o que fan é que todos pasan de todo, coma os Tonechos.

    O Sapo - 21/10, 15:35
  • O Alcalde mandou retirar un blog que facía escarnio da súa amada e sen embargo tódalas verdades que se dín neste blog no nas retira. O amor é máis importante ca realidade e o abandono do pobo. Ou será ca súa amada ten máis mala ostia co pobo. Seguro que ela lle anda co lombo. Se o pobo fixera o mesmo teríamos pistas, aceras, saneamento, plan urbanístico, de todo vamos. Todo por non darlle uns vergallazos como fai ela.

    Manoliño e a súa amada - 21/10, 15:41
  • ¿Qué falades de comisións? Isabel Vilas non é a única que cobra comisións. Tamén hai un no Concello que ten pinta de estar moi ben mantido e andivo a chupar doutro Consulting que traballaba moito para o Alcalde e os seus amigos. Agora xa o cerraron e andanche agora con outro por Carballo.

    betty boo - 21/10, 20:18
  • En calquera parte do mundo podemos encontrarnos con xente que non sabe o que di, que non sabe porqué se queixa, que non sabe o que fai aquel veciño ou veciña, pero si ten unha lingua viperina para criticar o que non sabe, o que non entende, nin ten medios para saber si o que di e certo ou e falso.

    Todo esto ven a conto das verbas “DE QUE A OPOSICIÓN NON FAI NADA”. A oposición non é o goberno, polo que pouco lle queda que facer, ou só lle queda o dereito a protestar. A culpa de todo o que pasa en Arteixo non é da oposición, é froito do desgoberno que o PP ven a ter nos últimos anos, aínda que agora hai seis tránsfugas que seguen a votar o mesmo que o PP manda, polo que non hai cambios. A maioría dos cidadáns de Arteixo elixíronnos con maioría absoluta e paréceme que dicir que a oposición pode facer algo ante esta evidencia non ten pes nin cabeza. A que opina desta forma queríao ver o fronte dun partido, para ver o que sabía facer. Case que con toda seguridade que os que protestan escribindo neste blog ou falando na rúa, son dos que lle deron o seu voto o PP no 2003 (maioría absoluta) e agora non saben recoñecer que eles mesmos son os culpables.

    Me gustaría pedirlle a xente que non falara por falar, nin mintan dicindo o que non saben. Sería moi importante que colaboraran socialmente en asociacións deportivas, culturais, de veciños, apas ou en calquera dos partidos políticos que na actualidade hai en Arteixo. Dende esta participación se chega a coñecer cal e a realidade sen abrir a boca con falsidades. Un exemplo de falar por falar e do que se consegue por insultar e calumniar, ven a ser a demanda que lle interpuxo o alcalde Pose a Fina do BNG. Fina sufre todo isto por non esperar a que un xuíz dicte sentencia “O FISCAL NON LLE DA A RAZÓN A NINGUÉN” e agora Fina se queixa porque ten medo de que lle sacudan o peto, claro contaba que o BNG lle pagase todo, pero o que opina o BNG e que para estar de voceiro do partido hai que ter un mínimo de educación. Antes de abrir a boca hai que respectar as persoas e as inst

    Mosca  - 21/10, 22:06
  • Pídovos un respecto por tódalas partes implicadas neste blog.
    Pídovos moita paciencia para que as cousas que o pobo pide se vexan cumpridas, e un consello o todo aquel que non e enxeñeiro de carreira universitaria “non opine do que no entende” porque o refrán de que hasta o mais parvo do pobo fai avións, no século XXI xa non serve. Eso si, hai que seguir pedindo as cousas que fan falta, porqué se non, non se chega a velas feitas.

    Mosca - 21/10, 22:17
  • Anda, colaborar en asociacións de veciños ¿esas que politiza ou anula o alcalde, non?.
    Ou en asociacións xuvenis con pelotas do partido. Veña por favor.
    Se estas na oposición podes dar guerra tódolos putos días,saír nos medios, manifestarte ou o que sexa. Botarlle collóns e non refuxiarse no conformismo e na inoperancia.
    Estamos rodeados de deficiencias, de conformismos, de ignorancia, de respeto a un personaxe coma se fora Deus salvador.
    A oposición só sabe falar de determinadas cousas que están ben, a casa do alcalde, o urbanismo, etc. Pero non ten nin puta idea da situación das parroquias, do estado dos servizos, das pistas, dos puntos de luz, das cunetas cheas de merda, de mil cousas que poderían estar mellor.
    Ide darlle leccións de moralidade e educación a outro. PROTESTADE CARALLO. Levades doce anos vendo animaladas e non se vos sinte en toda unha lexislatura.Eu non lle botei o PP, vamos nin de coña. A nivel municipal botarlle sería de coña e a nivel autonómico e nacional cos payasos de Feijoo e o da SSS é pra suicidarse.
    Que non defendo o papÓn de zapatero,tampouco, vamos. E que estou convencido que non hai político bo.
    O que si sei é que a oposición de Arteixo tiña que estar loitando con tódalas súas forzas para gañar as eleccións, non esperar o último mes para que se lles vise. Non sabedes nada do que pasa fora do núcleo do pobo e é verdade. Nin sequera coñecedes as parroquias.
    VEÑA NON SEXADES TAN PATERNALISTAS COS QUE ESTAMOS ATA O CU E TRABALLADE.

    A mosca cojonera - 21/10, 23:14
  • E iso de que o máis tonto non fai avións no século XXI, por favor non me fastidies. Só tes que fixarte no que te rodea. Por exemplo, na política, na que un fato de xente sen estudos que non leu un libro ou unha novela na súa puta vida é concelleiro nun Concello de áreas coma o urbanismo, o Medio Ambiente, Cultura,etc. ¿Eses non fan avións? Non que va, eses son verdadeiros enxeñeiros aeronáuticos. Non saben case nin firmar e enchen os bolsillos sendo políticos. E os universitarios traballando por catro cadelos porque non queren ser ladróns ou non saben coma conseguilo.
    Mira o noso Alcalde co casco blanco tal que Enxeñeiro de Camiños supervisando a execución da pasarela do Seixedo, ese si que fai avións.
    Veña aportame algunha idea nova, son quen de entendela aínda que che pareza que non entendo de nada.

    A mosca cojonera - 21/10, 23:24
  • betty boo.-- Di nomes, se non, so nos enteramos da misa a medias

    o partisano - 21/10, 23:38
  • Moita xente se exalta de unha maneira que non sei si é que non ten nada na cabeza ou si lle morreron tódalas neuronas na ultima borracheira.