Arteixo Castellano  Galego  

A Radio de Casa

102 Fm

INFORMATIVO RADIO ARTEIXO, 27 DE OUTUBRO DE 2006

27/10/2006

Arteixo 27 de outubro de 2006.
D.S. / R.T

Expectación, críticas, cursos de lei local e certo aire pre-electoral. Falamos do pleno que onte celebrou a corporación municipal e que deparou, por primeira vez en anos, dúas votación perdidas polo PP.
A expectación, do público: salón ateigado e viciños á porta, nas escaleiras e nos pasillos.
As críticas de todos a todos por diversos motivos. Primeiro as explicacións. As debía de dar Juan Rey, voceiro aínda do grupo do PP. Deunas: é voceiro dos populares por unha cuestión legal. Políticamente, puntualiza, fala só en nome de seis compañeiros

CORTE.- 42

As críticas, de todos. PP, alcalde, e BNG, José María Vázquez póñense de acordo para respostar a Rey Cedeira. Cada un no seu estilo: “márchese á casa”. Vázquez Tajes.

CORTE.- 49

O alcalde, máis comedido, reflexiona pero coincide co nacionalista.

CORTE.- 50

No PSOE piden cordura. O fai Pilar Souto. Todos o fixeron no seu turno. Nos quedamos cas palabras da voceira socialista.

CORTE.- 51

As votacións perdidas, dúas. BNG e PSOE en contra e os que serán de Terra Galega abstención Todos evitan que se aprobe a recalificación de terreos das naves antes propiedade de Arteixo TELECOM. Legalmente, di Juan Rey, nada que obxectar. Políticamente e nesto coincide co BNG, trátase dun “pelotazo urbanístico”.

CORTE.- 44

Fina Vázquez insiste no “pelotazo” e alude a episodios urbanísticos xa denunciados por este grupo na presente lexislatura. Para Fina Vázquez, “Manuel Pose xa non é o alcalde de Arteixo”.

CORTE.- 40

No PSOE non se cren nada. O di Pilar Souto que sospeita que o alcalde xa sabía o futuro das naves de Telecom mentres defendía os postos de traballo da factoría

CORTE.- 41

A presidencia difire. O alcalde exerce de voceiro e nega interés algún na operación que, lembra, se axusta á legalidade

CORTE.- 43

Con este panorama o goberno perde tamén a votación na que pretendía modifica-las mesas de contratación. A perde porque Juan Rey propón que quede fóra da orde do día para tratar de a consensuar posteriormente.

CORTE.- 45

O apoian PSOE e BNG e o alcalde anuncia que recorrirá á comisión de goberno para dictamina-la composición das mesas

CORTE.- 46

O discurrir do pleno templa ánimos pero se insiste. Fina Vázquez pide, unha vez máis, a demisión do alcalde

CORTE.- 47

Varios o fixeron o longo do pleno. No PSOE, sobre as mesas de contratación, unha pregunta: “¿qué hai que ocultar?”

CORTE.- 48

Morre o pleno preto das once da noite con colas nas portas para saír. Entre o curso e o tono pre-electoral os concelleiros tamén tiveron tempo de aproba-la cesión dun local ó INEM, da-lo visto bo ó regulamento da escola de música e de lembra-la figura de Isaac Díaz Pardo.

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar unhas adendas de 171.880 euros, destinadas aos convenios asinados pola Concellería de Educación e Deportes coas Asociacións de Pais (APAS) dos centros escolares públicos de primaria, para desenvolver as actividades extraescolares, no curso 2006/07.
Estas dotacións económicas permiten levar a cabo os programas de deporte en idade escolar e de educación, nos centros de primaria de Arteixo, Meicende e Galán. A elas hai que sumar outra partida de 18.000 euros anuais, que a Concellería de Deportes ven destinando desde o ano 2001, para mellorar o equipamento deportivo desas actividades.
Estos acordos, que os departamentos de Educación e Deportes veñen asinando coas APAS desde hai cinco anos, teñen como finalidade promocionar e impulsar as actividades extraescolares nos respectivos centros. Por elo, os programas teñen entre os seus obxectivos a promoción, entre outras, das actividades deportivas, culturais e de ocupación do tempo de lecer, coa posta en marcha de cantas actividades redunden no fomento dos valores formativos, utilitarios, hixiénicos, sociais e lúdicos.
Estes concertos entre o Concello e as APAS fan posible, así mesmo, a realización de actividades de iniciación a todos os deportes colectivos e individuais, xogos, psicomotricidade, patinaxe, xogos de mesa, teatro, títeres, informática, etc. Ademais, o Concello financia o transporte necesario para as distintas saídas que fan os escolares para exhibicións ou convivencias e para celebrar os distintos torneos que se executan en distintas épocas do curso escolar.



SUCESOS. Axentes da Garda Civil de Arteixo detiveron onte a dous veciños da localidade ós que se lles imputan un delito de roubo de vehículo a motor a un de eles, e desobediencia ós axentes a outro.
Os feitos que desencadenaron as dúas detencións comezaron coa localización dun turismo accidentado na estrada AC-552, á altura do kilómetro cinco, onde os axentes da Garda Civil de Tráfico de A Coruña atoparon un turismo Peugeot 206 volcado nun camiño de servicio paralelo á citada vía.
Postos en contacto co propietario do coche, este comunica ós axentes que estaba en poder dun familiar seu, O.V.V., de 26 años, que posteriormente apareceu no lugar do accidente e ó ver o coche naquela situación se encolerizou e tratou de agredir ós axentes ademáis de insultalos. Os gardas decidiron reducir e deter ó xoven.
Xestións posteriores, permitiron saber ós responsables da investigación, que o coche chegara de algunha maneira ás mans dun amigo de O.V.V., pero o titular do mesmo, ante a información obtida a través da súa conversación cos gardas, e non sabendo como chegara o coche ata aquel camiño, xa decidira poñer unha denuncia pola sustracción do seu vehículo. O segundo detido, amigo do primeiro, R.C.P., de 27 años, foi detido como suposto autor da sustracción do citado turismo, xa que era a persoa que conducía cando o coche se saíu da vía e volcou, aínda que as investigacións continúan nese sentido, pois a estas alturas, os xóvenes non son capaces de aclarar si o coche foi prestado entre eles ou realmente sustraído.
Os feitos foron postos en coñecemento do Xuzgado de Instrucción Número Seis de A Coruña.


Setas para comer, para preserva-lo equilibrio ecolóxico e incluso con fins medicinais. Argimiro Rodríguez falará nas II xornadas de micoloxía que organiza o Departamento de Medio Ambiente da función biológica dos fungos e nos deixa, antes, un consello: comer cogomelos, cando menos, dúas veces ó mes. Estaremos, asegura, máis sans.

CORTE.-24-25

As xornadas de Micoloxía inclúen exposición teórica e práctica, e dirixense a tódalas persoas interesadas no asunto e preocupadas polo medio ambiente.
Entre os obxectivos se atopan identificar as distintas especies, discernindo cales teñen valor culinario e cales non, cales son tóxicas e cales son mortais ou comprender a función que os cogomelos realizan no medio natural segundo a súa clasificación (parasitos, saprofitos ou simbiontes) e valorar a importancia que teñen para o equilibrio do ecosistema forestal.
As xornadas terán lugar na aula ambiental de Monticaño durante a fin de semana.
Comezan esta tarde ás 7, coa relatora María Monteagudo Pichel, que falará a cerca dos “Aproveitamentos micolóxicos do bosque”.


Nos situamos en Londres, no ano en que as augas xeadas do Támese baixan cheas de cadáveres mortos de frío.
“A ópera de a patacón” conta, en clave de comedia musical, unha historia onde os delincuentes son os protagonistas.
O espectáculo, de Teatro do Aquí, está incluído no programa do outono cultural, e terá lugar esta tarde ás 8 e media no auditorio do centro cívico e cultural.








http://arteixo.cidadans.net/radioarteixo/2006/10/27/informativo-radio-arteixo-27-de-outubro-de-2006/
15 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. As xornadas de Micoloxía: Un despropósito.
    ¡¿A ver si no como se puede llamar a esto?!´:
    Hace más de una semana (aún sin carteles) llamas al número de la web y no aparece nadie. Así repetidas veces hasta el día 25 martes. Muy repetidas.
    Llamando al Concello te pasan, por fin, a un responsable (perdón, quizá sea irresponsable) que te atiende y te dice que el teléfono está bien (???) y que ya está completa la lista de 50 con 10 en espera. ¿Cómo se apuntaron estos 60 si el teléfono no funcionaba, por la web no te puedes apuntar y, al parecer, el número que viene es genérico de todo el concello y no lo atiende nadie porque lo dejan sonar y sonar? ...
    Más: Si parece tan demandado ¿No podrían uds poner otro autobús para todos esos 10 y los que se apunten después?
    Por favor: Un poco más de seriedad y organización. Pongan un enlace en la web para apuntarse o pongan un número de teléfono concreto o pongan el nombre de un responsable, etc.
    Seriedad, Responsabilidad, Competencia por favor señores, que cobran de nuestros impuestos.

    Publicado micologo | 27/10/2006 10:51:25
  • 2. pois o pleno outro desproposito,un dia de estos tiranse todos dos pelos, o galiñeiro anda revolto,transfugas , comisions,pelotazos,cazeos,etc..e o colesterol po las nubes...

    Publicado como anda o galiñeiro | 27/10/2006 12:18:18
  • 3. A verdade que o venres pasado debeume tocar a lotería porque a primeira vez que chamei conseguín anotarme.

    Publicado albanta | 27/10/2006 14:24:03
  • 4. Iso das xornadas de micoloxia porque o que é dos cursos de Danza del Vientre, do deporte e similar pasou mais do mesmo: Que te apuntes outro dia, que cando comenza non está todo listo, que non é eiquí... Vamos tamén todo moi ben preparado e disposto. Parece que corren moito para publicita-lo pero non para face-lo nin organizase nin nada.
    ¡Madre de Deus! ¡Que organizacion! É que isto de estar nun ano de eleccions.. .hai que facer moita publicidade aunque logo non se faga nada nin medio ben.
    As de tolerías que nos agardan!!!!!!

    Publicado Concello tolo | 27/10/2006 17:44:39
  • 5. Ou sexa que de ese cursillo,sales preparad@ para distinguir unha seta venenosa de outra que non o e, pois xa me gustaria poder ir, co que me gustan as setas, haber si convocan outro cursillo para poder anotarme.

    Publicado Jorge | 27/10/2006 17:49:35
  • 6. si, el cursillo estará bien, pero no debería ser mas democrático y ser para todos, no solo para los amigos?

    Publicado la seta gorda | 28/10/2006 13:14:01
  • 7. Micólogo, pois mir por onde atopo algúen máis dos que lle pasou o mesmo que a min. Eu xa pedira información no concello sobre o curso e unha amiga enviolles un mail para que a avisasen cando estivese convocado. Non a avisaron e cando puxeron os carteis eu chamei durante 3 día durante toda a mañán ó tfno. acabado en 15.Sempre comunicando.. e cando o luns chamei á centralita , pasáronme e pasaron de min: xa tiñan ós 50 e 7 en lista de espera. Nin proxecto de ampliar prazas e contratar outro autobús .
    Micólogo, xa oín a máis xente comentar que as actividades está de principio para os amigos que teñen información privilexiada e logo para os demáis. E porriba a persoa que te antende dedícase a disculpar a desorganización....
    Albanta,xa que ti tiveches sorte , divírtete moito e logo xa nos contarás. Boa fin de semana!

    Publicado Chocolateada | 28/10/2006 13:35:06
  • 8. http://www.abc.es/20061028/galicia-galicia/pleno-paripe-arteixo_200610280258.html

    Publicado sen comentarios | 29/10/2006 13:00:14
  • 9. Albanta, xa que che tocou a lotería, nos contarás qué tal a xornada micolóxica e a saida o campo. É só por ver qué tal resultou.
    Graciñas

    Publicado Micologo sen decimos d loteria | 29/10/2006 18:56:30
  • 10. Teño setas como paraguas, amarelas,teño a finca plagada de elas,como sei si son comestibles,da envidia velas grandes e gordas,si soupera que se poden comer,pero carallo teño medo si as como ,e cataplas chin pun,estiro a pata e deixo viuda nova.

    Publicado setas grandes e gordas | 29/10/2006 21:36:35
  • 11. Xa voltei das xornadas de micoloxía e a verdade é que non saes un experto en tan pouco tempo, pero se tampouco tes moita presa e non pretendes controlar todas as especies en tres días, sí que te podes aventurar a saír ao monte e recoller dous ou tres tipos de cogumelos, aínda que a temporada xa casi rematou. Eso sí, non tódalas persoas que nos anotamos ás xornadas asistiron e eu penso que o deberían ter en conta para futuras convocatorias, porque se había unha lista de espera e ti non podes ir o lóxico sería avisar. En canto se as persoas que asistiron eran amigas do concello, non volo podo decir; eu levo so dous anos vivindo aquí e non teño demasiada vida social (sóbrame familiar), pero sí que estaba unha da que se fala moito por aquí: A Sra. Vila (ou Vilas).

    Publicado albanta | 01/11/2006 11:19:37
  • 12. Unha vez,xa fara 10 anos,fun cun valenciano a apañar setas,el era o experto e eu era o que aguantaba da bolsa.Ibamos monte arriba,monte abaixo,el as cortaba e deciache como as preparaban no seu pobo. Cando xa tiñamos unha boa bolsa,voltamos.A media noite,cando non habia ninguen,fomos pa cociña,e preparamolas a plancha.As duas horas os compañeiros xa se encargaron de chamar os medicos

    Publicado jgr. | 01/11/2006 13:28:00
  • 13. E dígo eu,si estaba alí a Srta Vila Vilas,a sabér que estaba tramando..,quizais coñecer as venenosas para....

    Publicado as vip tamen saben do cogumelo | 01/11/2006 16:30:34
  • 14. coidado cos cogumelos e coidado cos figados

    Publicado cuidado cos cogumelos | 04/11/2006 11:04:46
  • 15. Como con todo hai que ser consciente do que sabes e sobre todo ser precavido. Estas intoxicacións foron por comer amanita phalloides (é o cogumelo máis mortal de todos). Hai amanitas que son comestibles e algunhas delas creo que deliciosas, pero como por exemplo eu son unha iniciada e para evitar problemas, paso de todas as amanitas. Mira é como no coche, todos sabemos que se estamos cansos, bebimos, temos sono, etc. etc., non debemos conducir e xa ves, temerarios hainos en tódolos campos.

    Publicado albanta | 04/11/2006 11:44:12

Facer comentario


 

(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados