COBERTURA RADIOARTEIXO+INFORMATIVO 30 OUTUBRO
luns, 30 de outubro de 2006 11:58
Radio Arteixo recupera a súa cobertura. Despois dos problemas que anunciamos a finais de agosto coa emisión da Radio Municipal e que derivaron da Dirección Provincial de Telecomunicacións temos o placer de comunicar que volve a ser posible escoitar Radio Arteixo en todo o municipio. Aproveitamos para pedir disculpas, na parte que nos toca, a todos os que se queixaron deste servicio e agradecer a todos os que nos chamaron porque nos botaban de menos.
O venres próximo, 3 de novembro, unha vez normalizada a situación, realizaremos o sorteo dos 100 euros correspondentes ó concurso da canción do verán correspondente ó mes de agosto.
Lembrade que para calquera comentario, información, opinión ....podedes contactar con Radio Arteixo tódolos días en directo, no 981.640293 (24 horas) e no 981.600009. Tamén podedes enviar un SMS ó 7505 escribindo "RA opinión, comentario....)
Gracias.
INFORMATIVO DIARIO
Arteixo 30 de outubro de 2006.
D.S. /R.T.
Educación confirma oficialmente unha partida de 1,4 M€ para a construcción dun novo Centro de Educación Infantil e Primaria en Arteixo. O novo centro palía parcialmente as constantes demandas do claustro de mestres que atenden ó colexo máis poblado de Galicia con máis de 1200 alumnos. Os profesores cren, nembargantes que o anuncio chega tarde. Aseguran que, a estas alturas, sería necesario, non un novo centro, si non dous de liña tres e lonxe da súa ubicación actual.
CORTE.- 52-53
O alcalde constata a necesidade deste novo centro. Tamén o fixeron en varios foros os grupos da oposición. Manuel Pose non comparte, non obstante a visión dos mestres de dous novos centros e insiste en que ademáis no novo CEIP é necesario un novo colexo de infantil en Pastoriza
CORTE.- 54.
As partidas da Xunta en Arteixo inclúen ademáis para o ano próximo, unha partida da consellería de industria de 102.695 € para a sinatura dun convenio con R para a extensión de banda larga. A meirande partida é da Consellería de Vivenda que adica 39,50 M € para a adquisición de terreos e obras de urbanización de solo industrial.
Manuel Pose reclama a FENOSA a declaración de urxente ocupación de terreos que , segundo o primeiro edil, permitiría desbloquea-lo proxecto de desvión das Liñas de Alta Tensión na Urbanización Sol y Mar. Pose insiste en que o Concello dispón de partida presupostaria suficiente para paga-la parte que lle corresponde e que é a compañía eléctrica a que, ó aborda-.lo proxecto debería de o acompañar dun plan sectorial e da mentada “urxente ocupación”.
CORTE.- 55-56
Pose asegura que falou de desbloquea-lo proxecto co Presidente de Unión Fenosa na visita que ambos realizaron ó Porto Exterior a semana pasada. Contrastan as declaracións do alcalde co expresado polos membros da plataforma anti liñas e as manifestacións do grupo municipal do BNG que, hai meses, asegurou, tras consulta-lo proxecto coa vicepresidencia da Xunta de Galicia, que a súa posta en marcha “só depende da vontade do concello”.
O Concello non descarta solicita-lo cambio de titularidade da Travesía de Pastoriza estrada actualmente en mans da Deputación Provincial. Isabel Vila cre que o cambio de competencias na estrada podería rematar coas “continuas deficiencias” que presenta, segundo Vila Vilas, no firme e en elementos de seguridade vial. A primeira tenente de alcalde advirte de que o concello estaría disposto incluso a asumi-la sinalización da vía “sempre que a Deputación arregle o estado do firme”.
CORTE.- 37
O estado desta carretera foi motivo de varias reclamacións de Isabel Vila en varios plenos municipais e obxecto de agros debates entre goberno e oposición acerca do trato que a entidade provincial dispensa ó Concello de Arteixo. A última vía en pasar a titularidade municipal foi a Travesía de Arteixo, antes en mans da Xunta de Galicia.
A avaricia ten levado ó ser humano a agudizar o máis escuro da súa condición.
Esta semana Teatro Galileo nos presenta “O Avaro”, unha versión da obra de Moliere, na que atoparemos fondas leccións de vida.
Dirixida por Pedro Rubín, a función, terá lugar no auditorio do centro cívico este venres, 3 de novembro, ás 8 e media da tarde.
Ademáis, esta semana, a sala de exposicións do centro cívico acollerá a partir do xoves, día 2, a mostra do “I Concurso de artes plásticas” da Asociación Xuvenil Xiradela.
A exposición permanecerá no recinto ata o 11 de novembro próximo.
+ ver máis >>
Comentarios
-
hola soy una ciudadana de arteixo me encanta este pueblo hace dos años estoy aqui pero tengo que cambiarme de lugar si no encuentro un piso de alquiler aqui si me pudiesen ayudar se los agradesco economico
edid - 21/10, 17:39
-
Por si queredes consultar cada día as noticias de Radio Arteixo, pódense ver na web do concello : www.arteixo.org
¿ Será que nestes blogs eramos mala compaña ? En todo caso, ahí queda o enlace
Desde Oseiro - 22/10, 16:54