Arteixo Castellano  Galego  

A Radio de Casa

102 Fm

INFORMATIVO RADIOARTEIXO 25 DE OUTUBRO

25/10/2006



Arteixo, 25 de outubro de 2006.
D.S. /R.T.

Os viciños de Chamín-Barrañán confían en que a Xunta de Galicia modifique o plan de depuradoras previsto para a zona. Unha representación dos afectados visitou onte sendas plantas de depuración e bombeo en Ortigueira e Frión acompañados dos representantes municipais de PP, PSOE e BNG e varios técnicos de AUGARSA. Germán Castiñeiras, voceiro dos afectaos, cre que a Xunta evitará coloca-la prevista depuradora dende a estación de captación, río arriba e se porá un colector único. Satisfacción, di Germán Castiñeiras, a medias.

CORTE.- 31-32

Os viciños están pendentes aínda de que se confirme esta impresión que podería ratifica-lo Director Xeral de Augas de Galicia na súa visita á zona. Podería ser a semana próxima.

Os edís disidentes do PP e que anunciaron a súa intención de concurrir ós próximos comicios baixo as siglas de Terra Galega abandonaron a comisión de asuntos económicos na que, entre outras cousas, debía de se trata-la subida da taxa da auga que o pleno iba a tratar na sesión ordinaria de mañá. O alcalde decidiu retirar daquela o punto da orde do día o que provocou, a súa vez, a súa retirada da orde do día do pleno prevista inicialmente. Pose indica que non se pode aprobar unha subida deste tipo, prevista no 6’8%, sen o consenso dos grupos. Juan Rey explica que se retiraron da comisión porque a convocatoria da mesma no era legal.

CORTE.- 33

O pleno, mañá ás oito da tarde, aprobará, entre outros asuntos, a cesión dun local da Urbanización Sol y Mar ó INEM, e a creación de funcionamento interno da Escola de Música.

Arteixo recibirá 25.878 euros para a instalación dun novo ascensos e accesos a minusválidos no Edificio de Servicios Múltiples. Trátase dunha nova fase do plan de eliminación de barreiras arquitectónicas que mañá aprobará a deputación de a Coruña no pleno correspondente ó mes de outubro. Na mesma sesión darase o visto bo a un convenio que asinará o ente provincial co Concello de Arteixo para o funcionamento dos servicios de normalización lingüística. O noso municipio recibirá deste plan unha partida de 65.200 euros.

Arteixo recibirá 45.664 euros para a realización de programas destinados a favorece-los procesos de acollida e integración dos inmigrantes. Trátase dunha subvención, a máis alta de tódolos municipios da comarca, concedida pola secretaría xeral de emigración da Xunta de Galicia. Arteixo adicará 12.500 euros da partida a facilita-la inserción laboral das mulleres inmigrantes así como a realizar cursos de educación de adultos e para a saúde. 11.969 euros servirán para poñer en marcha un programa de reforzo educativo que atenda ó desfase curricular dos alumnos extranxeiros con accións compensación. Tamén dentro do campo da educación preténdese con esta axuda previr o absentismo escolar, establecer un sistema de axudas, actividades para a tolerancia e promover actitudes positivas cara á diversidade. Outro dos obxectivos é fomentar entre o alumnado inmigrante o coñecemento do galego e o castelán. Arteixo tamén adicará parte da subvención, 8855 euros a reforzar os recursos do departamento de servicios sociais. No noso municipio 7.339 euros foron dedicados á acollida que pretende a creación de prazas de acollida para emigrantes, a cobertura das súas necesidades básicas así como acción informativas, formativas e de asesoramento xurídico, social e laboral. E 5.000 euros destináronse á sensibilización para intentar dar unha imaxe positiva da emigración.

Galán acolle esta tarde o primeiro encontro da escola de nais e pais que pon en marcha a concellería de educación. Trátase, nesta primeira sesión, de analizar cos proxenitores o fracaso escolar e cómo mellora-lo rendemento dos alumnos. Os obxectivos os explica a psicóloga que exercerá de titora dos pais que acodan á charla.

CORTE.-26

Estas sesión repetiranse cada trimestre en cada un dos centros escolares do municipio.

A oficina de información xuvenil (Oix) prevé a inauguración do novo local da xuventude en decembro próximo. Arestora traballan nese proxecto que permitirá ós mozos e mozas de Arteixo disfrutar dun espacio propio no centro do municipio.
Ramón Castro, técnico da Oix, anuncia ademáis o comezo das actividades, que preparan dende o departamento para o presente curso, e a oferta das bolsas de mobilidade para estudiantes do concello.
Ramón Castro.

CORTE: 30.

A concellería de xuventude convoca ademáis un concurso de deseño de logotipo, lema e membrete que identifique a imaxe do departamento.
A iniciativa está dirixida ós vecinos de Arteixo que teñan entre 14 e 35 anos de idade.
O prazo para presentar os traballos remata o 22 de novembro próximo.
Para máis información ou consultar as bases: www.arteixo.org.

Axentes da Guardia Civil de Tráfico de A Coruña imputaron a unviciño de Arteixo, de 41 anos, ó que antonte sorprendeeron conducindo un coche co carné retirado.
Os feitos producíronse á altura do kilómetro nove da carretera que une O Birloque con Arteixo, onde os axentes estableceran un control de tráfico. Tras comproba-la documentación observaron que o home conducía co permiso retirado por unha sentencia firme dun xulgado do penal de A Coruña.
Ó infractor se lle imputa un delito de quebrantamento de condena que foi comunicado ó Xulgado de Instrucción Número Seis de A Coruña.

Gran parte dos veciños de Meicende quedaron onte pola tarde sen luz debido a un corte no subministro eléctrico ocasionado por unha explosión no centro de transformación situado na avenida do Palleiro.
O corte de luz, que só durou dez minutos, comezou sobre as 19.10 horas, cando un cortocircuito ocasionou unha explosión que arrincou a porta desta instalación. Según explicaron dende o parque de bombeiros de Arteixo, non houbo que desaloxar aos veciños de edificios próximos. De todas formas, según explicaron veciños da zona, xa antes, sobre as cinco e cuarto da tarde, escoitaron outro estoupido e viron que saía humo por unha rendiña do centro de transformación.

O programa do outono cultural nos achega esta semana ó mundo da ópera.
A trama, que se desenvolve en Londres, conta a historia dunha banda de atracadores, especialistas en caixas de seguridade e crímenes anónimos.
Son “Teatro do aquí” a cía que poñerá en escena “A ópera de a patacón”, un espectáculo en clave de comedia musical, que ameniza cada ano a festa da asociación dos amantes da ópera italiana.
A función, este venres no auditorio do centro cívico, está recomendada para maiores de 14 anos.
As entradas, de 1,20 euros, están xa á venda no centro cívico en horario de 9 a 2 do mediodía. Poderánse mercar tamén unha hora antes do comezo da obra.

En capítulo de citas, para os máis pequenos, de 4 a 11 anos, lembramos que continúan as sesións de conta-contos nas distintas bibliotecas municipais. Unha iniciativa que pretende fomentar o hábito da lectura entre os máis cativos.
Esta tarde o turno é para os rapaces de Meicende que poderán disfrutar das historias da ilustradora Marisa Irimia.
Mañá xoves, 26, Pastoriza recibe a Áurea Xestión Cultural e a biblioteca central, a de Arteixo, contará coa actuación de Trinke-Trinke.
En tódolos casos os contacontos comezan ás 6 e media da tarde.







http://arteixo.cidadans.net/radioarteixo/2006/10/25/informativo-radioarteixo-25-de-outubro/
1 Comentario - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. El otro día varios "chavales" bombardearon varios pisos con huevos !!! Si lo hicieran en su propia casa como le sentaría a su familia? La policía conoce el incidente. ZONA BALENARIO.

    Publicado EL ZORRO | 06/09/2007 08:40:58

Facer comentario


 

(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados