INFORMATIVO RADIOARTEIXO 31 DE OUTUBRO
martes, 31 de outubro de 2006 11:47
Arteixo, 31 de outubro de 2006.
D.S. /R.T.
Os sudamericanos xa superan ós magrebíes como o meirande grupo de extranxeiros asentados en Arteixo. Unha explicación: moitos dos marroquíes que cegaron a Arteixo hai dez anos xa son cidadáns españois sen consideración de inmigrante. Colombia, Brasil e Arxentina son os países que máis “novos viciños” aportan. De sudamerica hai actualmente en Arteixo 513 viciños. O número de magrebíes está agora en 314. En total conviven en Arteixo 1307 cidadáns extranxeiros, 668 homes e 639 mulleres. Os expertos en fluxos migratorios afirman que en países acolledores de inmigrantes comezan a existir problemas de convivencia cando o número de extranxeiros representa ó 10% da población. En Arteixo, de momento, non se detectan estes problemas. Lourdes Suárez, responsable de servicios sociais, cre que, pola idiosincrasia do pobo galego, será difícil que eses problemas se presenten aínda que siga a medra-lo número de inmigrantes.
CORTE.- 58
O departamento de servicios sociais pon en marcha nas próximas semanas diversos cursos adicados á axudar á población inmigrante a se integrar na súa nova vida.
O consumo de auga medra en Arteixo entre un 15% e un 20% cada ano. Son datos que da o alcalde Manuel Pose para ilustra-la situación das infraestructuras de abastecemento do municipio. O primeiro edil coincide con Isabel Vila na necesidade de mellorar estas instalación tal e como afirmara a primeira tenente de alcalde nesta emisora a pasada semana. Pose engade o crecemento poblacional de Arteixo como resposta ás deficiencias que “hai que subsanar”
CORTE.- 57
A corporación municipal deixou de tratar no pleno deste mes unha subida da taxa da auga por “falta de consenso”. A subida estímase en torno ó 6’8% correspondente ó incremento do IPC no último ano.
REPSOL instalará unha nova estación de control da contaminación atmosférica no núcleo urbano de Arteixo. A iniciativa permitirá obter datos periódicos acerca da calidade do aire no municipio. Esta proposta é totalmente novidosa, xa que se debatirá sobre a primeira estación de Galicia que se instalará dentro dun hórreo. Esta estación súmase a outras que xa existen en distintos puntos do municipio. A instalación é froito do interese do Concello de Arteixo e do laboratorio de medio ambiente de Galicia para coñece-los datos da calidade do aire que respiran os cidadáns do núcleo urbano.
É un dos asuntos tratados na pasada comisión de goberno. Os concelleiros aprobaron ademáis varios plans de de ordenación de tráfico en Meciende e Canabal.
Tras analizar a certificación número sete da obra da Pasarela Peonil Agro do Seixedo, a Xunta de Goberno abordou o Plan de investimentos locais de 2005, que inclúe a execución da obra de asfaltado CM 225 en Loureda e CM 361, desde CM 357 ata a Punta do Petón en Arteixo. Este proxecto conta cun presuposto de case 60.000 euros.
Os profesores dos centros que participan no Proyecto educativo da Fundación Amancio Ortega constatan a sua confianza no mesmo. Esta semana se incorporan a esta iniciativa, a través do programa de “Portátiles para profesores” 29 novos mestres dos centros Ponte dos Brozos, Sabón e Pastoriza. Con estas incorporacions o número de docentes que practican unha nova metodoloxía nas suas aulas ascende a 123.
Destaca en tódolos centros o alto porcentaxe de profesores adscritos. O proyecto, en todalas suas vertientes, é voluntario. No presente curso el 72% do claustro do CEIP Ponte dos Brozos trabajará con un ordenador portátil. La cifra alcanza o 84% do profesorado no IES de Sabón e case do 92% no IES de Pastoriza.
Todolos profesores adscritos a este proxecto reciben, ademáis do Terminal portátil correspondente, formación acerca do seu uso didáctico. O profesorado amosa de este xeito un alto nivel investigador e da un paso máis cara a sua autonomía como impulsor e garantía do mantenemento desta iniciativa ó longo do tempo.
O uso da tecnoloxía portátil na aula, por parte de profesores e alumnos, según a experiencia constatada nestes centros, favorece o chamado “cambio pedagóxico”, e estimula a capacidade didáctica dos mestres e de aprendizaxe dos alumnos. Esta metodoloxía propicia ademáis un cambio na actitude de uns e outros para enfrentarse ó currículum do curso.
O proxecto de portátiles para alumnos que se desarrolla nos IES de Sabón e Pastoriza alcanzará este curso próximo a 437 alumnos. A Fundación Amancio Ortega entregará os novos terminais a 170 novos estudiantes a finais de novembro
O Centro Cívico de Arteixo acollerá o vindeiro luns, día 6 de novembro, a partir das 18:00 horas, unha charla sobre a anorexia.
Trátase dunha iniciativa do Servizo Galego de Igualdade, organizada e promovida en Arteixo polo Concello, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM). O acto conta, ademais, coa colaboración da Asociación Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), xa que será unha psicóloga desta entidade a que impartirá a conferencia.
O Centro de Información ás Mulleres de Arteixo leva a cabo en outubro os talleres de Bricolaxe e Cociña, enmarcados na Campaña de Corresponsabilidade Doméstica e Familiar para persoas adultas. Estos cursos continúan no mes de novembro, como sempre en horario de 18:00 a 20:00 horas, no Centro Agarimo de Arteixo.
No mes de novembro, abrirase o prazo de inscrición para realizar un novo cursiño da mesma Campaña de Corresponsabilidade. Trátase do “Taller de manexo de roupa”, que inclúe aprender a pasar o ferro, pequenos arranxos de costura e lavar. Vai dirixido de maneira específica a homes.
Todos os talleres da Campaña levan aparellada unha sesión de formación en igualdade de opotunidades entre mulleres e homes, que imparte o propio persoal do CIM.
O programa do outono cultural nos deixa varias citas esta semana.
A primeira, co teatro. O escenario do centro cívico e cultural acolle este venres, 3 de novembro, a representación de unha obra de Moliere: “O Avaro”.
Teatro Galileo é a cía que poñerá en escena o espectáculo ás 8 e media da tarde.
A segunda, coa maxia. O mago Vituco presenta “Ollos máxicos”, un espectáculo para tódolos públicos que terá lugar no centro social de O Froxel, este sábado, 4 de novembro, ás 7 da tarde.
A outra cita é coa mostra do “I Concurso de artes plásticas” da Asociación xuvenil Xiradela.
Os traballos permanecerán na sala de exposicións do centro cívico dende o xoves, día 2, ata o 11 de novembro próximo.
A asociación cultural Queiroa de Uxes celebra o magosto este sábado próximo.
Viño, castañas e a actuación de José Luis no local social da parroquia.
Ademáis anuncian, dende a asociación, que se mantén aberto o prazo de inscrición nas actividades que ofertan para este curso ata finais de novembro.
Baile rexional, pandereta, gaita e tambor.
Para máis información poden acudir os venres ó local social entre as 8 da tarde e as 10 da noite ou chamar ó 617.05.87.14 (Rosa) ou ó 649.59.36.13(Juan).
COBERTURA
Radio Arteixo recupera a súa cobertura. Despois dos problemas que anunciamos a finais de agosto coa emisión da Radio Municipal e que derivaron da Dirección Provincial de Telecomunicacións temos o placer de comunicar que volve a ser posible escoitar Radio Arteixo en todo o municipio. Aproveitamos para pedir disculpas, na parte que nos toca, a todos os que se queixaron deste servicio e agradecer a todos os que nos chamaron porque nos botaban de menos.
O venres próximo, 3 de novembro, unha vez normalizada a situación, realizaremos o sorteo dos 100 euros correspondentes ó concurso da canción do verán correspondente ó mes de agosto.
Lembrade que para calquera comentario, información, opinión ....podedes contactar con Radio Arteixo tódolos días en directo, no 981.640293 (24 horas) e no 981.600009. Tamén podedes enviar un SMS ó 7505 escribindo "RA opinión, comentario....)
Gracias.
COBERTURA RADIOARTEIXO+INFORMATIVO 30 OUTUBRO
luns, 30 de outubro de 2006 11:58
Radio Arteixo recupera a súa cobertura. Despois dos problemas que anunciamos a finais de agosto coa emisión da Radio Municipal e que derivaron da Dirección Provincial de Telecomunicacións temos o placer de comunicar que volve a ser posible escoitar Radio Arteixo en todo o municipio. Aproveitamos para pedir disculpas, na parte que nos toca, a todos os que se queixaron deste servicio e agradecer a todos os que nos chamaron porque nos botaban de menos.
O venres próximo, 3 de novembro, unha vez normalizada a situación, realizaremos o sorteo dos 100 euros correspondentes ó concurso da canción do verán correspondente ó mes de agosto.
Lembrade que para calquera comentario, información, opinión ....podedes contactar con Radio Arteixo tódolos días en directo, no 981.640293 (24 horas) e no 981.600009. Tamén podedes enviar un SMS ó 7505 escribindo "RA opinión, comentario....)
Gracias.
INFORMATIVO DIARIO
Arteixo 30 de outubro de 2006.
D.S. /R.T.
Educación confirma oficialmente unha partida de 1,4 M€ para a construcción dun novo Centro de Educación Infantil e Primaria en Arteixo. O novo centro palía parcialmente as constantes demandas do claustro de mestres que atenden ó colexo máis poblado de Galicia con máis de 1200 alumnos. Os profesores cren, nembargantes que o anuncio chega tarde. Aseguran que, a estas alturas, sería necesario, non un novo centro, si non dous de liña tres e lonxe da súa ubicación actual.
CORTE.- 52-53
O alcalde constata a necesidade deste novo centro. Tamén o fixeron en varios foros os grupos da oposición. Manuel Pose non comparte, non obstante a visión dos mestres de dous novos centros e insiste en que ademáis no novo CEIP é necesario un novo colexo de infantil en Pastoriza
CORTE.- 54.
As partidas da Xunta en Arteixo inclúen ademáis para o ano próximo, unha partida da consellería de industria de 102.695 € para a sinatura dun convenio con R para a extensión de banda larga. A meirande partida é da Consellería de Vivenda que adica 39,50 M € para a adquisición de terreos e obras de urbanización de solo industrial.
Manuel Pose reclama a FENOSA a declaración de urxente ocupación de terreos que , segundo o primeiro edil, permitiría desbloquea-lo proxecto de desvión das Liñas de Alta Tensión na Urbanización Sol y Mar. Pose insiste en que o Concello dispón de partida presupostaria suficiente para paga-la parte que lle corresponde e que é a compañía eléctrica a que, ó aborda-.lo proxecto debería de o acompañar dun plan sectorial e da mentada “urxente ocupación”.
CORTE.- 55-56
Pose asegura que falou de desbloquea-lo proxecto co Presidente de Unión Fenosa na visita que ambos realizaron ó Porto Exterior a semana pasada. Contrastan as declaracións do alcalde co expresado polos membros da plataforma anti liñas e as manifestacións do grupo municipal do BNG que, hai meses, asegurou, tras consulta-lo proxecto coa vicepresidencia da Xunta de Galicia, que a súa posta en marcha “só depende da vontade do concello”.
O Concello non descarta solicita-lo cambio de titularidade da Travesía de Pastoriza estrada actualmente en mans da Deputación Provincial. Isabel Vila cre que o cambio de competencias na estrada podería rematar coas “continuas deficiencias” que presenta, segundo Vila Vilas, no firme e en elementos de seguridade vial. A primeira tenente de alcalde advirte de que o concello estaría disposto incluso a asumi-la sinalización da vía “sempre que a Deputación arregle o estado do firme”.
CORTE.- 37
O estado desta carretera foi motivo de varias reclamacións de Isabel Vila en varios plenos municipais e obxecto de agros debates entre goberno e oposición acerca do trato que a entidade provincial dispensa ó Concello de Arteixo. A última vía en pasar a titularidade municipal foi a Travesía de Arteixo, antes en mans da Xunta de Galicia.
A avaricia ten levado ó ser humano a agudizar o máis escuro da súa condición.
Esta semana Teatro Galileo nos presenta “O Avaro”, unha versión da obra de Moliere, na que atoparemos fondas leccións de vida.
Dirixida por Pedro Rubín, a función, terá lugar no auditorio do centro cívico este venres, 3 de novembro, ás 8 e media da tarde.
Ademáis, esta semana, a sala de exposicións do centro cívico acollerá a partir do xoves, día 2, a mostra do “I Concurso de artes plásticas” da Asociación Xuvenil Xiradela.
A exposición permanecerá no recinto ata o 11 de novembro próximo.
INFORMATIVO RADIO ARTEIXO, 27 DE OUTUBRO DE 2006
venres, 27 de outubro de 2006 9:49
Arteixo 27 de outubro de 2006.
D.S. / R.T
Expectación, críticas, cursos de lei local e certo aire pre-electoral. Falamos do pleno que onte celebrou a corporación municipal e que deparou, por primeira vez en anos, dúas votación perdidas polo PP.
A expectación, do público: salón ateigado e viciños á porta, nas escaleiras e nos pasillos.
As críticas de todos a todos por diversos motivos. Primeiro as explicacións. As debía de dar Juan Rey, voceiro aínda do grupo do PP. Deunas: é voceiro dos populares por unha cuestión legal. Políticamente, puntualiza, fala só en nome de seis compañeiros
CORTE.- 42
As críticas, de todos. PP, alcalde, e BNG, José María Vázquez póñense de acordo para respostar a Rey Cedeira. Cada un no seu estilo: “márchese á casa”. Vázquez Tajes.
CORTE.- 49
O alcalde, máis comedido, reflexiona pero coincide co nacionalista.
CORTE.- 50
No PSOE piden cordura. O fai Pilar Souto. Todos o fixeron no seu turno. Nos quedamos cas palabras da voceira socialista.
CORTE.- 51
As votacións perdidas, dúas. BNG e PSOE en contra e os que serán de Terra Galega abstención Todos evitan que se aprobe a recalificación de terreos das naves antes propiedade de Arteixo TELECOM. Legalmente, di Juan Rey, nada que obxectar. Políticamente e nesto coincide co BNG, trátase dun “pelotazo urbanístico”.
CORTE.- 44
Fina Vázquez insiste no “pelotazo” e alude a episodios urbanísticos xa denunciados por este grupo na presente lexislatura. Para Fina Vázquez, “Manuel Pose xa non é o alcalde de Arteixo”.
CORTE.- 40
No PSOE non se cren nada. O di Pilar Souto que sospeita que o alcalde xa sabía o futuro das naves de Telecom mentres defendía os postos de traballo da factoría
CORTE.- 41
A presidencia difire. O alcalde exerce de voceiro e nega interés algún na operación que, lembra, se axusta á legalidade
CORTE.- 43
Con este panorama o goberno perde tamén a votación na que pretendía modifica-las mesas de contratación. A perde porque Juan Rey propón que quede fóra da orde do día para tratar de a consensuar posteriormente.
CORTE.- 45
O apoian PSOE e BNG e o alcalde anuncia que recorrirá á comisión de goberno para dictamina-la composición das mesas
CORTE.- 46
O discurrir do pleno templa ánimos pero se insiste. Fina Vázquez pide, unha vez máis, a demisión do alcalde
CORTE.- 47
Varios o fixeron o longo do pleno. No PSOE, sobre as mesas de contratación, unha pregunta: “¿qué hai que ocultar?”
CORTE.- 48
Morre o pleno preto das once da noite con colas nas portas para saír. Entre o curso e o tono pre-electoral os concelleiros tamén tiveron tempo de aproba-la cesión dun local ó INEM, da-lo visto bo ó regulamento da escola de música e de lembra-la figura de Isaac Díaz Pardo.
A Xunta de Goberno Local ven de aprobar unhas adendas de 171.880 euros, destinadas aos convenios asinados pola Concellería de Educación e Deportes coas Asociacións de Pais (APAS) dos centros escolares públicos de primaria, para desenvolver as actividades extraescolares, no curso 2006/07.
Estas dotacións económicas permiten levar a cabo os programas de deporte en idade escolar e de educación, nos centros de primaria de Arteixo, Meicende e Galán. A elas hai que sumar outra partida de 18.000 euros anuais, que a Concellería de Deportes ven destinando desde o ano 2001, para mellorar o equipamento deportivo desas actividades.
Estos acordos, que os departamentos de Educación e Deportes veñen asinando coas APAS desde hai cinco anos, teñen como finalidade promocionar e impulsar as actividades extraescolares nos respectivos centros. Por elo, os programas teñen entre os seus obxectivos a promoción, entre outras, das actividades deportivas, culturais e de ocupación do tempo de lecer, coa posta en marcha de cantas actividades redunden no fomento dos valores formativos, utilitarios, hixiénicos, sociais e lúdicos.
Estes concertos entre o Concello e as APAS fan posible, así mesmo, a realización de actividades de iniciación a todos os deportes colectivos e individuais, xogos, psicomotricidade, patinaxe, xogos de mesa, teatro, títeres, informática, etc. Ademais, o Concello financia o transporte necesario para as distintas saídas que fan os escolares para exhibicións ou convivencias e para celebrar os distintos torneos que se executan en distintas épocas do curso escolar.
SUCESOS. Axentes da Garda Civil de Arteixo detiveron onte a dous veciños da localidade ós que se lles imputan un delito de roubo de vehículo a motor a un de eles, e desobediencia ós axentes a outro.
Os feitos que desencadenaron as dúas detencións comezaron coa localización dun turismo accidentado na estrada AC-552, á altura do kilómetro cinco, onde os axentes da Garda Civil de Tráfico de A Coruña atoparon un turismo Peugeot 206 volcado nun camiño de servicio paralelo á citada vía.
Postos en contacto co propietario do coche, este comunica ós axentes que estaba en poder dun familiar seu, O.V.V., de 26 años, que posteriormente apareceu no lugar do accidente e ó ver o coche naquela situación se encolerizou e tratou de agredir ós axentes ademáis de insultalos. Os gardas decidiron reducir e deter ó xoven.
Xestións posteriores, permitiron saber ós responsables da investigación, que o coche chegara de algunha maneira ás mans dun amigo de O.V.V., pero o titular do mesmo, ante a información obtida a través da súa conversación cos gardas, e non sabendo como chegara o coche ata aquel camiño, xa decidira poñer unha denuncia pola sustracción do seu vehículo. O segundo detido, amigo do primeiro, R.C.P., de 27 años, foi detido como suposto autor da sustracción do citado turismo, xa que era a persoa que conducía cando o coche se saíu da vía e volcou, aínda que as investigacións continúan nese sentido, pois a estas alturas, os xóvenes non son capaces de aclarar si o coche foi prestado entre eles ou realmente sustraído.
Os feitos foron postos en coñecemento do Xuzgado de Instrucción Número Seis de A Coruña.
Setas para comer, para preserva-lo equilibrio ecolóxico e incluso con fins medicinais. Argimiro Rodríguez falará nas II xornadas de micoloxía que organiza o Departamento de Medio Ambiente da función biológica dos fungos e nos deixa, antes, un consello: comer cogomelos, cando menos, dúas veces ó mes. Estaremos, asegura, máis sans.
CORTE.-24-25
As xornadas de Micoloxía inclúen exposición teórica e práctica, e dirixense a tódalas persoas interesadas no asunto e preocupadas polo medio ambiente.
Entre os obxectivos se atopan identificar as distintas especies, discernindo cales teñen valor culinario e cales non, cales son tóxicas e cales son mortais ou comprender a función que os cogomelos realizan no medio natural segundo a súa clasificación (parasitos, saprofitos ou simbiontes) e valorar a importancia que teñen para o equilibrio do ecosistema forestal.
As xornadas terán lugar na aula ambiental de Monticaño durante a fin de semana.
Comezan esta tarde ás 7, coa relatora María Monteagudo Pichel, que falará a cerca dos “Aproveitamentos micolóxicos do bosque”.
Nos situamos en Londres, no ano en que as augas xeadas do Támese baixan cheas de cadáveres mortos de frío.
“A ópera de a patacón” conta, en clave de comedia musical, unha historia onde os delincuentes son os protagonistas.
O espectáculo, de Teatro do Aquí, está incluído no programa do outono cultural, e terá lugar esta tarde ás 8 e media no auditorio do centro cívico e cultural.
INFORMATIVO RADIOARTEIXO 26 DE OUTUBRO
xoves, 26 de outubro de 2006 13:17
Arteixo, 26 de outubro de 2006.
D.S./R.T.
Isabel Vila resta importancia á aprobación, nesta lexislatura, do Plan de Ordenación Urbana. A primeira tenente de alcalde é optimista e confía nembargantes en que o documento chegue á súa aprobación inicial antes de maio de 2007. Vila Vilas explica a súa postura que se debe, indica, "ás polémicas que hai nos concellos derivadas do urbanismo".
CORTE.- 38
Non son da mesma opinión os grupos da oposición que hoxe en pleno preguntarán novamente pola situación do documento urbanístico. Lembramos ademáis que foi precisamente o urbanismo o argumento que esgrimiron os seis edís disidentes do PP para anuncia-lo seu pase a Terra Galega e o motivo das denuncias que o BNG presento na fiscalía no seu día. O PSOE espera que o documento urbanístico de Arteixo se leve a información técnica a finais de novembro próximo. Pilar Souto é a voceira do PSOE
CORTE.- 34
O pleno da corporación, ás oito da tarde, deixa ademáis a incógnita de saber quen exercerá como voceiro do PP. Juan Rey asegura que é él o que está nomeado oficialmente para levar a cabo esa tarefa e precisa que falará só en nome dos seis concelleiros cos que se trata. As críticas son do alcalde e de Isabel Vila que insisten en calificar a estes seis edís de incongruentes e incoherentes. Vila Vilas prefire non valora-lo anuncio de Juan Rey, esta mesma semana, no que anunciou o seu abandono “transitorio” do seu papel como concelleiro de facenda
CORTE.- 35
O pleno, aprobará, ademáis entre outros asuntos, a cesión dun local da Urbanización Sol y Mar ó INEM, e a creación de funcionamento interno da Escola de Música.
Tamén hai pleno hoxe na Deputación de A Coruña. Arteixo recibirá 25.878 euros para a instalación dun novo ascensos e accesos a minusválidos no Edificio de Servicios Múltiples. Trátase dunha nova fase do plan de eliminación de barreiras arquitectónicas do ente provincial. Na mesma sesión dase o visto bo a un convenio que asinará o ente provincial co Concello de Arteixo para o funcionamento dos servicios de normalización lingüística. O noso municipio recibirá deste plan unha partida de 65.200 euros.
Mellora-las infraestructuras e maior dotación de personal. Isabel Vila insta á empresa AUGARSA a mellora-lo seu servicio. A tenente de alcalde resalta a necesidade de mellorar distintos aspectos na prestación do servicio de suministro que vaia acorde coa subida das tarifas. Isabel Vila precisa, non obstante, que o servicio aínda presente deficiencias polo lastre histórico que arrastra “dende hai décadas”.
CORTE.- 36
O pleno da corporación tiña previsto aprobar hoxe en pleno unha subida da taxa da auga do 6’8%. O incremento non se levará a pleno porque non hai consenso entre os grupos da corporación.
A xunta de goberno local da o visto bo ó plan de axudas á mobilidade. Trátase de subvencionar o transporte a estudiantes que cursen estudios en Arteixo ou outros puntos da comunidade galega. As axudas oscilan, por alumno, entre os 50 e 150 euros ó mes. Ramón Castro é o técnico de xuventude.
CORTE.-
Este punto é o máis destacado da última xunta de goberno local na que os concelleiros tamén deron o visto bo á certificación única da obra de instalación de céspede e rego automático na zona deportiva de Arteixo e a aprobación das adendas aos convenios asinados coas APAS dos colexios públicos para a realización de actividades culturais.
A policía nacional detén a dous mozos, un home e unha muller, domiciliados en Arteixo de 28 anos cando se dirixían a Penamoa con 500 doses de heroína coa que pretendían abastece-la demanda dos chabolistas.
Os detidos son R.G.D., natural de Vigo, e D.M.B, de A Coruña. Ambos foron sorprendidos tras persecución policial do automóvil que ocupaban, no que escondían a droga cun valor no mercado superior ós 5.000 euros.
Según fontes policiais a mujer tratóu de se desfacer dunha bolsa que contiña a heroína.Os axentes interviron ademáis 4 doses de cocaína.
O programa do outono cultural nos achega esta semana ó mundo da ópera.
A trama, que se desenvolve en Londres, conta a historia dunha banda de atracadores, especialistas en caixas de seguridade e crímenes anónimos.
Son “Teatro do aquí” a cía que poñerá en escena “A ópera de a patacón”, un espectáculo en clave de comedia musical, que ameniza cada ano a festa da asociación dos amantes da ópera italiana.
A función, este venres no auditorio do centro cívico, está recomendada para maiores de 14 anos.
As entradas, de 1,20 euros, están xa á venda no centro cívico en horario de 9 a 2 do mediodía. Poderánse mercar tamén unha hora antes do comezo da obra.
En capítulo de citas, para os máis pequenos, de 4 a 11 anos, lembramos que continúan as sesións de conta-contos nas distintas bibliotecas municipais. Unha iniciativa que pretende fomentar o hábito da lectura entre os máis cativos.
Esta tarde o turno é para os rapaces de Pastoriza que reciben a visita de Áurea Xestión Cultural e a biblioteca central, a de Arteixo, que contará coa actuación de Trinke-Trinke.
En tódolos casos os contacontos comezan ás 6 e media da tarde.
+ ver máis >>