Cidadáns de Arteixo Arteixo.Cidadáns.NetConcello de ArteixoEuropaPress.NET

Cidadáns de Arteixo

Galego | Castellano

Xhela

poemas e reflexións

A MIÑA CONCIENCIA

domingo, 04 de maio de 2008 23:33
xhela: A MIÑA CONCIENCIA

¡Cala!
Xa non quero nada
¡Cala!
Rematáronse soños,
ilusións e esperanzas.
Esvaecéronse co tempo e as agardas
do que un día soñei que soñaba.
¡Cala!
Xa non quero nada
¡Cala!
Termináronse lóxicas,
razoamentos e reflexións.
Esfumáronse en erros e equivocacións
do que un día soñei que soñaba.
¡Cala!
Xa non quero nada
¡Cala!
Eu xa non son ninguén,
ti xa non es nada.

http://arteixo.cidadans.net/xhela/48901
10 Comentarios  -  Envía o teu comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados